Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997 pola que se anuncia a convocatoria do concurso público relativo á explotación do aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Caldas de Reis no río Umia.

O organismo autónomo Augas de Galicia procede, ó abeiro do artigo 132 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o regulamento do dominio público hidráulico, a someter a publi

cidade o anuncio polo que se saca a concurso público a explotación e utilización con fins hidroeléctricos do encoro de Caldas de Reis no río Umia co obxecto de que se poidan presentar á devandita licitación os peticionarios que o consideran oportuno.

De acordo co parágrafo 1 do artigo 134 do Real decreto 849/1986 fíxase un prazo de tres meses, contados desde a data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para a presentación de anteproxectos e propostas sobre as condicións previas e demais extremos sobre os que versa o concurso de explotación e que se fixan no prego de bases, que estará á disposición dos interesados nos servicios centrais de Augas de Galicia en Santiago de Compostela -edificios administrativos San Caetano-A Coruña.

Os anteproxectos tramitaranse conforme os artigos 132 e seguintes do Real decreto 849/1986 e presentaranse debidamente precintados xunto coas solicitudes pechadas e lacradas no rexistro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV) en Santiago de Compostela, realizándose a celebración do correspondente desprecintado e apertura nas oficinas deste organismo situado na CPTOPV en Santiago de Compostela ás doce horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

8002