Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, da obra: encoro de Caldas de Reis no río Umia (Caldas de Reis, Cuntis e Moraña-Pontevedra), de clave OH.136.306.

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador: Xunta de Galicia. Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto trámite de urxencia.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: encoro de Caldas de Reis no río Umia (Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, Pontevedra).

De clave: OH.136.306, orzamento estimado: 1.522.335.857 ptas. (mil cincocentos vintedous millóns trescentas trinta e cinco mil oitocentas cincuenta e sete pesetas).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

3. a) Lugar de execución: termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

-Presa de gravidade de formigón.

-Altura máxima sobre alicerce: 38 metros.

-Lonxitude de coroación: 160 metros.

-Largo de coroación: 7 metros.

-Aliviadoiro formado por catro vans de 18 metros de lonxitude para un caudal de 725,8 metros cúbitos/segundo.

-Unidades de obra máis significativas:

.63.000 metros cúbicos de escavacións.

.60.000 metros cúbicos de formigón de diferentes resistencias.

.7.756 Tm. de cinzas e cemento.

.8.000 metros cadrados de encofrados.

.38.000 metros lineais de trades para inxeccións.

.Accesos, elementos auxiliares, etc.

Orzamento estimado: 1.522.335.857 pesetas (mil cincocentos vintedous millóns trescentas trinta e cinco mil oitocentas cincuenta e sete pesetas).

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 44 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 12 de decembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 22 de decembro de 1997, ás 10 horas, na sala de xuntas

da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento estimado de contrata (30.446.717 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida. As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria:

Clasificación: grupo E, subgrupo 2, categoría f.

17. Data de envío do anuncio: 16 de outubro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 16 de outubro de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

8044