Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o outorgamento do permiso de investigación Helena, número 2743.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que con data 16 de xullo de 1997, outorgouse o permiso de investigación Helena número 2743, de 63 cuadrículas mineiras para recursos da sección c/ que se sitúa nos termos municipais da Cañiza, Mondariz, O Covelo e As Neves da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería de 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 22 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7657