Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/237-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hodroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Campo-Bastón.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 30 m de lonxitude en LA-30, que parte da L.M.T. Cillobre-Campo da Porta e final no C.T. que se vai contruír, en C.T. Campo-Bastón, tipo aérea de 25 kVA. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 28 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7678