Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.287

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 97/012 e 97/013 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, números 97/012 e 97/013, convocados por Resolución con data do 4 de abril de 1997 (BOE do 26 de abril), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 13 de outubro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Praza nº: 97/012.

Comisión titular:

Presidente: Prada Rodríguez, Darío, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Muniategui Lorenzo, Soledad, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Blanco Romia, Marcelo, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Rodríguez Fernández Alba, Amadeo, profesor titular de universidade. Universidade de Almería.

Compaño Beltrán, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Rodríguez Vázquez, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Secretaria: López Mahía, Purificación, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Vicente Estévez, Francisca, catedrática de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

García Jares, Carmen María, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Fernández de la Campa, María Rosario, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito penal.

Praza nº: 97/013.

Comisión titular:

Presidente: Orts Berenguer, Enrique, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Secretario: Martínez-Buján Pérez, Carlos, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Gracia Martín, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Tamarit Sumalla, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Lleida.

García Albero, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade de Lleida.

Comisión suplente:

Presidente: Lorenzo Salgado, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: González Guitián, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Ferre Olive, Juan Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Huelva.

Lamarca Pérez, Carmen, profesora titular de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

González-Cuellar García, Antonio, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

7896