Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.286

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/060 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha

vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, número 96/060 convocada por Resolución de data do 22 de novembro de 1996 (BOE do 20 de decembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica das ciencias experimentais.

Praza nº: 96/060.

Comisión titular:

Presidente: Manuel Torres, Esteban de, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Secretario: Lillo Bevia, José, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais:

Geli de Ciurana, Ana Mª, catedrática de escola universitaria. Universidade de Girona.

Durán Gilabert, Hortensia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Barcelona.

Sieres Salas, Jaime, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Comisión suplente:

Presidente: Herrero López, Mª Concepción, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Díaz González, Rosalía, catedrática de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Porlan Ariza, Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Pro Bueno, Antonio de, catedrático de escola universitaria. Universidade de Murcia.

Merino de la Fuentes, Jesús M., catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

7974