Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/62-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Caseta de Bouzas.

Situación: Maceda.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 302 m, derivada desde a L.M.T. Xunqueira de Espadañedo a Currelo, e finaliza no C.T. existente en Caseta de Rodicio. Rede de baixa tensión no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7551