Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/61-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Sobredo-Albarellos.

Situación: Boborás.

Descricións técnicas: liña aérea a 15 kV, en conductor LA-56, de 1.319 m, derivada desde L.M.T. de Sub. Albarellos e remata en torre metálica da L.M.T. San Andrés-Eiravedra. Liña aérea a 15 kV, en conductor LA-56 de 55 m, derivada desde a L.M.T. Albarellos-Beariz e remata no C.T. proxectado en Sobredo con 50 kVA, 15 kV/380-330 V. Liña aérea a 15 kV, en conductor LA-56, de 1.220 m, derivada desde L.M.T. a CC.TT. Eiravedra e San Andrés, e remata no C.T. proxectado en Costa, con 50 kVA, 15 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7547