Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.212

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 10 de outubro de 1997 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, dos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Noia número un e tres máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 6 de outubro de 1997. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Excmo. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. Pza. de Galicia s/n 15071 -A Coruña-. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan, esta Xerencia Territorial, en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE 28-6-1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado décimo primeiro da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno de data 29-9-1997:

-Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Noia número 1, María Luisa Cobas Martínez.

-Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ponteareas número 1, María Lorenza Fernández Calaza.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ponteareas número 2, María del Pilar García Domínguez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, Luis Fernández-Arias González.

-Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Xinzo de Limia, Henrique Perianes Estévez.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, contado a partir do seguinte ó da súa notificación. O cal comunico para seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hay un carímbo de saída da Xerencia Territorial».

Igualmente faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno de data 29-9-1997 cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, xunto co presente remítollo a V.E. e pídolle que envíe a esta presidencia un exemplar no que se faga aquela para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 10 de outubro de 1997.

José-Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia