Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.211

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza no Centro Superior de Hostelería de Galicia:

A. Posto: ordenanza (ref. 1697).

1) Funcións principais: tarefas xerais de apoio, traslado de materiais e mercadorías, tarefas non cualificadas de mantemento, reprografía.

2) Prazas: 1.

3) Requisitos:

-FP1 ou equivalente.

-Permiso de conducir B1.

-Experiencia en tarefas similares de 24 meses.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Aptitudes físicas.

-Coñecementos de cultura xeral.

-Coñecementos de Santiago de Compostela e arredores.

-Coñecemento de mantemento.

-Idiomas.

-Capacidade para integrarse en equipos de traballo.

4) Probas que hai que realizar:

-Avaliación escrita dos coñecementos de Santiago de Compostela e arredores.

-Proba escrita de comprensión de ordes.

-Proba escrita de cultura xeral.

-Proba escrita de carpintería, fontanería e electricidade.

-Proba oral e escrita de inglés.

-Entrevista.

-Cuestionario de personalidade.

B. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, indicando a referencia, dirixida ó director do CSHG (A Barcia. Estrada Santiago de

Compostela-Noia, km 3. Apartado 578, 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 12 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

D. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1997.

Rubén V. Lois Calviño

Conselleiro-delegado de Turgalicia, S.A.

7855