Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva dun proxecto de urbanización na rúa Xulián Estévez: treito comprendido entre os números 18 e 36.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 5 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Xulián Estévez, treito comprendido entre os números 18 e 36, conforme a documentación que serviu de base para a súa aprobación inicial (Exped. 3969/401/96).

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 24 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7646