Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.A. 2 Penís de Arriba.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo en sesión do día 3 de xullo de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle UA 2 Penís de Arriba, formulado por Antonio Estévez Alonso e outros e redactados polo arquitecto José E. López Santander, con visados do COAG de datas 23 de xullo e 6 de setembro de 1996, consonte os informes e demais documentación do expediente administrativo nº 4115/411, nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

Vigo, 27 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7655