Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1997 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito en Puxeiros-Rebullón para almacén do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que a urxencia da adquisición, xustifica, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito en Puxeiros-Rebullón, para destinalo a almacén do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Presidente do Servicio Galego de Saúde

7671