Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro de locais no inmoble sito na rúa da Coruña, 24, de Vigo para instalación das dependencias do Sergas.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme ó Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que, en razón das peculiaridades do inmoble, se xustifica, precedendo a fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro de locais nas plantas menos dous, baixa, primeira, segunda e terceira do inmoble sito na rúa A Coruña, 24, de Vigo, para instalación das dependencias do Sergas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.

José María Hernández Cochón

Presidente do Servicio Galego de Saúde

7856