Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de subministración polo procedemento aberto por concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

Tipo do contrato: subministración.

Descrición do obxecto: adquisición dunha máquina de fabricación de xelo en escamas con destino ó porto pesqueiro de Ribadeo (Lugo).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: porto pesqueiro de Ribadeo (Lugo).

Prazo de entrega: o prazo de entrega será dun mes (1 mes) a partir da sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: trámite de urxencia.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: cento doce mil pesetas (112.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, 75 -15702- Santiago de Compostela; teléf. (981) 54 62 93, fax nº (981) 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n - 15704 - Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no art. 100 do RXCE.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día no que se cumpran tres días (3 días) naturais contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

97-7940