1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.
2. Obxecto do contrato.
Tipo do contrato: subministración.
Descrición do obxecto: adquisición dunha máquina de fabricación de xelo en escamas con destino ó porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).
Prazo de entrega: o prazo de entrega será dun mes (1 mes) a partir da sinatura do correspondente contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: trámite de urxencia.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: seis millóns trescentas cincuenta mil pesetas (6.350.000 ptas.).
5. Garantías.
Provisional: cento vintesete mil pesetas (127.000 ptas.).
Definitiva: duascentas cincuenta e catro mil pesetas (254.000 ptas.).
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, 75 -15702- Santiago de Compostela; teléf. (981) 54 62 93, fax nº (981) 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas:
Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n - 15704 - Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no art. 100 do RXCE.
8. Apertura das ofertas.
Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do día no que se cumpran tres días (3 días) naturais contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Correrán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.
Juan M. López García
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
97-7939