Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Valdemir e Canle.
Situación: Lobeira.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 116 m, derivada desde o apoio 53 da L.M.T. As Conchas-Fraga, e remata no C.T. proxectado aéreo en Canle con 50 kVA, 20 kV/380-220 V, e rede de baixa tensión de 1065 m en R.Z. 515 m, 69 m e 1150 m en Canle, Vilariño, Cabaleiros e Torneiros respectivamente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 25 de agosto de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
7536