Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/68-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Millán.

Situación: Cualedro-Monterrei.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV en conductor LA-56 de 2.872 m, derivada desde o apoio 12 da L.M.T. a C.T. San Cristovo, e remata no C.T. proxectado en San Millán (Cualedro) con 250 kVA, 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7537