Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de enlace da estrada A Estrada-Forcarei coa PO-541 a través de Cerdedo, Cerdedo-Sabucedo-Pontevedra, termos municipais de Cerdedo e A Estrada. (Clave CD/PO/97.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución, atópanse incluídas no Programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 3 de xuño de 1997, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de xuño de 1997, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello que a continuación se cita, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder

ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

* Lugar: Casa do Concello de Cerdedo.

Día 3 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0001 ó predio nº 0070.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0071 ó predio nº 0095.

Día 4 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0096 ó predio nº 0165.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0166 ó predio nº 0190.

Día 5 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0191 ó predio nº 0260.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0261 ó predio nº 0285.

Día 6 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0286 ó predio nº 0353.

De 16 a 18 horas:do predio nº 0354 ó predio nº 0378.

Día 7 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0379 ó predio nº 0448.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0449 ó predio nº 0473.

Día 10 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0474 ó predio nº 0543.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0544 ó predio nº 0569.

Día 11 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0570 ó predio nº 0638.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0639 ó predio nº 0663.

Día 12 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0664 ó último predio.

* Lugar: Casa do Concello da Estrada:

Día 13 do novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0711 ó predio nº 0780.

De 16 a 18 horas: do predio nº 0781 ó predio nº 0813.

Día 14 de novembro de 1997:

De 9 a 14 horas: do predio nº 0814 ó último predio.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince día naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 13 de outubro de 1997.

Enrique Pardo Landrove

Xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra

7732