Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/84-3).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. As Cortes.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: liña soterrada a 15 kV, en conductor R.H.V. 12/20, de 45 m, derivada desde o apoio 9 da L.M.T. a C.T. Cooperativa Vinícola, e finaliza no C.T. proxectado nas Cortes, con 250 kVA, 15 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión de 15 m en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 27 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7526