Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/83-3).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Razamonde-Barbantes.

Situación: Cenlle, Punxín.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 1.419 m, dervada desde derivación o C.T. Razamonde II, e remata no apoio 121. Liña aérea idéntica á anterior de 2.117 m, derivada desde apoio 44 da L.M.T. Razamonde-Barbantes, e remata nun apoio desde o que continúa a L.M.T. actual. Liña aérea idéntica á anterior de 357 m, derivada desde un apoio existente onde enlaza coa L.M.T. actual Razamonde-Barbantes, e remata no apoio 46 desde o que se realiza a derivación o C.T. Bodegas Arnoya e continúa a L.M.T. actual Razamonde-Barbantes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7527