Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (302/1996).

Eu, F. Javier Clemente Lázaro, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santa Uxía de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: en Ribeira o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Luisa María Pérez Ruva, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santa Uxía de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de separación matrimonial seguidos co nº 302/1996, por instancia de Eva Patricia Hermo Muñiz, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e asistida do letrado Liñares Stolle, contra Ramón Manuel Bermúdez González, declarado en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que considerando a demanda interposta pola procuradora Peleteiro Bandín, en nome e representación de Eva Patricia Hermo Muñiz, contra Ramón Manuel Bermúdez González, debo decretar e decreto a separación matrimonial dos referidos cónxuxes, quedando revogados tódolos consentimentos ou poderes que se outorgasen. Todo isto sen especial pronunciamento en canto ás custas deste procedemento.

A sentencia anterior foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Ramón Manuel Bermúdez González, expido e asino a presente cédula en Ribeira o un de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O Secretario

Rubricado

7832