Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.148

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997 pola que se convocan cinco cursos básicos sobre rescate urbano.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, a formación dos bombeiros é unha das tarefas encomendadas á devandita academia.

Con base no anterior anúnciase a celebración de cinco cursos básicos sobre rescate urbano, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dota-lo colectivo de bombeiros de Galicia duns coñecementos esenciais no tema de rescate urbano.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas.

O número de prazas ofertadas para estes cursos será de 60, repartidas en grupos de 12 persoas.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, e en réxime de aloxamento e manutención durante os 5 días.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta con máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 27 de outubro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; isto será requisito indispensable para ser admitido no curso e o seu incumprimento suporá a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración.

Cada curso terá unha duración de 40 horas lectivas, repartidas en 5 xornadas.

Datas.

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

1º curso: do 3 ó 7 de novembro de 1997.

2º curso: do 10 ó 14 de novembro de 1997.

3º curso: do 17 ó 21 de novembro de 1997.

4º curso: do 24 ó 28 de novembro de 1997.

5º curso: do 15 ó 19 de decembro de 1997.

O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 29 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

No centro de formación de Seganosa, sito na parroquia de Alxen, en Salvaterra de Miño.

Certificado de asistencia.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, suporá a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

7865