Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.141

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 286/1997, do 9 de outubro, sobre asunción do traspaso complementario en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza efectuado polo Real decreto 1380/1997, do 29 de agosto, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios que, dentro do seu territorio, viña desempeñando a Administración central do Estado en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza.

En consecuencia co anterior, a Comunidade Autónoma asumiu tales funcións en virtude do Decreto 394/1994, do 29 de decembro, asignándoas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Corresponde agora, por medio do presente decreto, acepta-la transferencia da partida orzamentaria pendente, que se contén no Real decreto 1380/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, anexo que se suscribiu na sesión do Pleno da Comisión Mixta de Transferencias, que tivo lugar o 31 de xullo deste ano, (DOG do 1 de outubro), e proceder á súa asignación ós órganos competentes da Comunidade Autónoma.

Por iso, e por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción do traspaso.

Queda asumido o crédito orzamentario traspasado pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia como complementario ás transferencias de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza, que se consigna no anexo do Real decreto 1380/1997, do 29 de agosto, correspondente ó ano 1997 e que vai destinado ó investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias do 31 de xullo de 1997.

Artigo 2º.-Asignación dos medios.

Asígnase á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o crédito orzamentario referido no anterior artigo.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de outubro de mil de novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7881