Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da obra de reparación de fachadas dos bloques A-37, A-2, A-3, A-6 da UVA 3 do polígono de Elviña, II fase, A Coruña. (Expediente C-97/REP02).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 17 de setembro de 1997, adoptada en virtude

de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Construcciones Ramírez, S.L., por un importe de setenta e dous millóns novecentas corenta e catro mil pesetas (72.944.000 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

7446