Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ANUNCIO do 24 de setembro de 1997 de información pública de proxecto e estudio de avaliación do impacto ambiental relativos á solicitude de concesión administrativa para a construcción dunha dársena para embarcacións deportivas no porto de Canido.

Guillermo Rey Peniza, en nome e representación do Club Marítimo de Canido, solicita concesión administrativa para a construcción dunha dársena para embarcacións deportivas no porto de Canido, segundo proxecto e estudio de avaliación do impacto ambiental realizado sobre este.

O que se somete a información pública en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante; na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. As mencionadas reclamacións poderán presentalas nas oficinas da zona sur deste ente público, sitas na r/ Benito Corbal, nº 37-3º, 36080 de Pontevedra, onde así mesmo poderán examina-la documentación correspondente.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1997.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación

7445