Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de setembro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se notifica a resolución do expediente sancionador LU-188/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Nº de expediente: LU-188/96.

Denunciado: Robustiano, S.L.

CIF: B-36.060.465.

Enderezo: Porto pesqueiro de Marín. Almacén 48-49. Marín (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 5.3º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cinco mil (5.000) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 10 de setembro de 1997.

Enrique J. Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

7831