Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de setembro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 049/97-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 049/97-LU.

Denunciado: Manuel Joaquín Fernández Marques.

Enderezo: Vilachá, 3. Cangas de Foz. Foz (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 10 de setembro de 1997.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

97-7411