Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 2/1997).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2819/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Parque Eólico de Barbanza, S.A.

Domicilio social: Avda. de Burgos, 8-B, planta 18, 28036 Madrid.

Denominación: Parque Eólico de Barbanza II.

Situación: Porto do Son e A Pobra.

Descrición técnica:

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Parque Eólico de Barbanza, S.A., con domicilio en Avda. de Burgos, 8-B, planta 18 de Madrid, para a autorización administrativa do Parque Eólico Barbanza II, baseándose nos seguintes datos. Municipios afectados, Porto do Son e A Pobra. Superficie afectada e coordenadas 8,16 kM e V (0.502.600 W, 4.723.300 N), V (0.503.850 W, 4.723.300 N), V (0.504.950 W, 4.724.600 N), V (0.505.600 W, 4.721.800 N) e V (0.501.600 W, 4.721.200 N).

Potencia que se vai instalar: 9,24 MW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días.

A Coruña, 17 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7565