Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/410-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Enagás.

Enderezo social: Avda. América, 38, 28000 Madrid.

Denominación: L.M.T. e C.T. de 75 kVA na posición I-022 estrada da Peralba.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.t., aérea, a 20 kV, de 1.707 m de lonxitude, con conductor tipo LA-54,6, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o apoio 16 da L.M.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., nomeada Mourente-Almofrei, derivación Bora-Igrexa, rematando na posición I-022, na estrada Peralba, concello de Pontevedra. C.T. de 75 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7835