Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica da L.M.T. ó parque empresarial Allariz (Allariz). (Expediente IN407A 97-28-3 A.T.).

Visto o expediente incoado na Sección de Enerxía desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, no que solicita autorización para o establecemento dunha instalación eléctrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto na Lei de industria, do 16 de xullo de 1992, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas,

Esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica proxectada, coas características seguintes:

Liña aérea a 20 kV, de 897 m de lonxitude, en conductor LA-56 desde apoio proxectado da L.M.T. existente a C.T. aéreo da Granxa do Mato e remata no parque empresarial de Allariz.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 3 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

97-7519