Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/90-3).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Malecón.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada de 250 m de lonxitude en conductor RHV 12/20 kV desde o rexistro existente na rúa Malecón na liña que vai o C.T. Edif. Breogán, e remata no C.T. proxectado

con 630 kV, R.T. 15.000/380-220 V, na rúa Malecón. R.B.T. soterrada de 30 m no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

97-7516