Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997 pola que se convoca un curso sobre xestión e administración de persoal na Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1997, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre xestión e administración

de persoal na Administración local que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Actualización de coñecementos na materia e análise das peculiaridades que presenta actualmente a xestión de recursos humanos nas entidades locais.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio das corporacións locais, preferentemente dos grupos A e B que desempeñen tarefas de responsabilidade en materia de persoal.

Terceira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude que figura ó final da convocatoria, e cubrir en tódolos epígrafes. Cando solicite o curso máis dun interesado da mesma corporación, o responsable do persoal poderá especifica-la orde de preferencia. No caso de que non se especifique, a EGAP aplicará criterios de selección ós que se fai referencia na base sétima.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección será motivo de exclusión automática.

Cuarta.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no Rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos.

Quinta.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir da data de publicación da convocatoria.

Sexta.-Requisitos dos participantes.

O cumprimento do requisito esixido na base segunda deberá acreditarse mediante certificación expedida conforme o modelo oficial que figura como anexo II desta resolución.

Sétima.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen algún curso de similares características ó convocado.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149 do 3-8-1994), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.

Oitava.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailo contido do curso anunciado para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A EGAP reserva para si a facultade de anula-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 15 o número mínimo de asistentes.

Novena.-Desenvolvemento.

9.1. Duración: 30 horas.

9.2. Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP.

9.3. Datas: do 11 de novembro ó 11 de decembro, martes e xoves.

9.4. Horarios: de 17 a 20 horas.

9.5. Prazas: 30.

Décima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Décimo primeira.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,60 puntos.

Décimo segunda.-Contido.

Persoal ó servicio da Administración local: clases. Réxime disciplinario. Planificación dos recursos humanos. Ingreso en corpos ou escalas de funcionarios. Selección do persoal laboral. Provisión de postos de traballo. Carreira profesional. Promoción interna.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

Don/Dona responsable dos

servicios de persoal na entidade local

CERTIFICA:

Que Don/Dona , no desempeño

do seu posto de traballo realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

................, ......de ......... 1997.

Asdo.:...........................

7954