Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de ampliación do museo do pazo de Quiñones de León no parque de Castrelos de Vigo.

Procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos San Caetano.

15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: (981) 54 43 71.

Telefax: (981) 54 43 43.

2. A) Modalidade de adxudicación elixida.

Concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas

B) Contido do contrato obxecto da licitación.

Execución das obras contidas no proxecto: ampliación do museo do pazo de Quiñones de León no parque de Castrelos de Vigo.

C) Orzamento total: noventa e seis millóns setecentas sete mil catrocentas catorce (96.707.414) pesetas, IVE incluído.

3. A) Lugar de execución.

Termo municipal: Vigo (Pontevedra).

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra.

As definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

Dez (10) meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

6. A) Solicitude de documentación para participar no concurso:

Copynino, na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

15701 Santiago de Compostela.

Teléfono (981) 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 10.570 pesetas (IVE incluído).

B) Data límite de presentación de proposicións.

Ata as 12 horas do décimo quinto día contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Enderezo ó que deberán enviarse as ofertas.

Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Rexistro xeral. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións:

Acto público o cuarto día hábil que non coincida en sábado contado a partir do de remate de presentación de proposicións, ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas.

Esixirase unha fianza provisional dun millón novecentas trinta e catro mil cento corenta e oito pesetas

(1.934.148), segundo o definido no apartado H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de tres millóns oitocentas sesenta e oito mil duascentas noventa e sete pesetas (3.868.297), segundo o definido no apartado I do citado cadro.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria.

Clasificación:

Grupo C, subgrupo 4, categoría d.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7877