Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.061

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a Xavier Simón Fernández (praza 67/1996).

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 28 de novembro de 1996 (BOE do 20 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, a prol de Xavier Simón Fernández, DNI nº 36.057.075, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Xavier Simón Fernández profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 19 de setembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

7805