A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.
3. a) Lugar de entrega: almacén de subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: subministración sucesiva de gasas e compresas por un importe total aproximado de 54.199.978 ptas., IVE incluído.
Duración: 1 ano.
c) Licitación (á totalidade ou a un ou varios lotes): as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario, por petición do Servicio de Subministracións.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
6. a) Data límite de recepción de ofertas: 17 de novembro de 1997.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.
7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 28 de novembro de 1997.
8. Garantías esixidas.
-Provisional: 2% do orzamento de licitación.
-Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.
Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións publicas.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en función da subministración realizada, segundo establece o apartado 11 da folla de especificacións.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo provedor: as condicións que se establecen na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo no que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.
14. Variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto da subministración e os prezos unitarios máximos, melloren as esixencias técnicas previas.
15. Información complementaria: calquera outra información solicitaráselle ó servicio que figura no punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:
17. Data de envío do anuncio: 28 de setembro de 1997.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1997.
Ignacio Martínez González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Santiago de Compostela
7558