Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de suturas mecánicas para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 90/1997).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36, fax: (981) 53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: almacén do Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: subministración sucesiva de grampadoras e cargas, máquinas cortadora-grampadora e cargas, e aplicadores de clips, por importe aproximado de 44.806.707 ptas., IVE incluído.

Duración: 1 ano.

c) Licitación (á totalidade ou a un ou varios lotes): as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade ou a un ou máis lotes por separado.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a demanda do complexo hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 17 de novembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do Hospital de Conxo, a partir das 10 horas do día 28 de novembro de 1997.

8. Garantías esixidas.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación.

-Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións publicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en función da subministración realizada, segundo establece o apartado 11 da folla de especificacións.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo provedor: as condicións que se establecen na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

14. Variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto da subministración e os prezos unitarios máximos, melloren as características mínimas esixidas.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitaráselle ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 25 de setembro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

7480