A) Obra.
1. Construcción da nova estrada de acceso a Ríos. Convenio CPTOPV-Concello de Vigo 27/05/97.
Clave: CV/PO/97.10.
Orzamento: cento sesenta e tres millóns seiscentas sesenta e tres mil duascentas trinta e unha pesetas (163.663.231).
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Garantía provisional: 3.273.265.
2. Urbanización e mellora do firme da PO-324, treito Ponte Lagares-Praia do Vao.
Clave: N/PO/97.2.
Orzamento: cento dezaseis millóns duascentas trinta e dúas mil setecentas setenta e sete pesetas (116.232.777).
Prazo de execución: 18 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría d.
Garantía provisional: 2.324.311.
(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1997.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
7844