A) Subministración.
1. Subministración de tres (3) rozadoras compostas de tractor e rozadora cunha potencia aproximada de 100 CV.
Clave: E/SC/97.60.
Orzamento: trinta e seis millóns de pesetas (36.000.000).
Prazo de entrega: 1 mes.
Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
2. Subministración dunha (1) cuña quitaneves para acoplar en camión para a Delegación Provincial de Ourense.
Clave: E/SC/97.142.
Orzamento: tres millóns novecentas mil pesetas (3.900.000).
Prazo de entrega: 1 mes.
Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
3. Subministración dun (1) camión para neve para a Delegación Provincial de Ourense.
Clave: E/SC/97.143.
Orzamento: trece millóns de pesetas (13.000.000).
Prazo de entrega: 2 meses.
Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que no coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1997.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
7843