Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.946

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de agosto de 1997 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

De conformidade co establecido no Decreto 267/1996, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta parcial de emprego público correspondente a prazas de determinados corpos/escalas da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, esta consellería no uso das competencias que

lle atribúe o Art. 13.2º.8 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, con suxeición ás seguintes.

BASES DA CONVOCATORIA

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, segundo as materias que se establecen no anexo I, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre e polo procedemento de concurso-oposición.

I.1.1. Reservarase ó sistema de promoción interna o 25% das vacantes existentes para cada materia, de conformidade co establecido no anexo I.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, (segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo) do total de prazas reservarase, se é o caso, para cada materia un número de prazas para seren cubertas por persoas con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%. Por non alcanzarse as porcentaxes mínimas en ningunha materia, non se reservará ningunha praza para esta cota.

I.1.3. As prazas sen cubrir, das reservadas ó sistema de promoción interna, acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seranlle aplicables a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 12/1992, do 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia; a Lei estatal 30/1984, do 2 de agosto; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 95/1991, do 20 de marzo); a Orde do 22 de novembro de 1995 pola que se regulan as titulacións equivalentes para efectos de docencia para o acceso ás escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e se establecen as titulacións necesarias para o desempeño de postos en réxime de interinidade (DOG nº 236 do 12 de decembro); e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para a promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de doutor, enxeñeiro, arquitecto, licenciado ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo facultativo de grao medio e corpo de xestión da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso á escala.

I.2.3. Para o acceso libre:

I.2.3.1. Ser español.

I.2.3.2. Ter feitos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de doutor, enxeñeiro, arquitecto, licenciado ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados nas bases I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no último día do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá facelo constar na instancia, segundo o modelo que figura como anexo II. Á instancia acompañarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter abonados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como a certificación a que se refire a base II.1.3, de se-lo caso.

Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente, en concepto

de dereitos de exame, o importe de 9.460 pesetas e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para isto o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso facilitaráselles ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; deberá cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

A non presentación deste anexo, no que figure o cuño da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, tralos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería e nas oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Todo isto conforme o disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, e de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, dictará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como, oportunamente, nos lugares determinados pola normativa vixente, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como

as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emenda-lo defecto que motiva a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderase implícita na resolución pola que se publique o listado definitivo.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos na presente orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso:

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna:

Valoración de méritos:

II.1.1.1. Servicios prestados na Comunidade Autónoma:

Na fase de concurso valorarase, de acordo co previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988 da función pública de Galicia, ó persoal comprendido nesta, os servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma galega no grupo B da Xunta de Galicia, a razón de 0,04 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción, ata o tope de 8 puntos.

II.1.1.2. Servicios prestados noutras administracións públicas:

No grupo B: 0,02 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción, ata o tope de 4 puntos.

II.1.1.3. Grao persoal consolidado, ata o tope de 3,5 puntos:

a) Nivel 16: 0,5 puntos.

b) Por cada dous niveis superiores: 0,5 puntos.

II.1.1.4. Traballo desenvolvido:

Polo desempeño, como funcionario do grupo B, de postos de traballo incluídos no intervalo de niveis correspondentes ó grupo A: 0,25 puntos por ano com

pleto, ata o tope de 4 puntos. Só se terán en conta os intervalos de niveis de aplicación ós funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.1.1.5. Cursos de formación e perfeccionamento:

Impartidos por organismos oficiais dependentes de calquera Administración pública ou homologados pola Escola Galega da Administración Pública, relacionados coa materia a que se opte ou coa mellora do sistema pedagóxico, ata o tope de 3 puntos:

a) Cursos con aproveitamento dunha duración igual ou inferior a 30 horas: 0,25 puntos.

b) Cursos con aproveitamento dunha duración superior a 30 horas: 0,5 puntos.

II.1.1.6 A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 22,5 puntos, sumados os apartados II.1.1.1. ó II.1.1.5.

II.1.2. Para o acceso libre:

II.1.2.1. Ó persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como interino, ó persoal interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia, así como ós contratados administrativos en situación de expectativa de acceso á función pública segundo o Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivesen en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, ou que estivesen ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ó persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deban ser desempeñados por funcionarios pertencentes ó corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, valoraráselle-la antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,45 puntos por mes de servicios ou fracción, non podendo excede-la puntuación total dos 27 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Ó persoal interino e contratado administrativo só se lle valorarán aqueles servicios que prestasen como titulados superiores nos postos correspondentes ó grupo A.

b) Ó persoal laboral só se lle valorarán os servicios prestados en postos de traballo correspondentes ó grupo I do convenio colectivo único para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

II.1.2.2. Ós aspirantes do sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración autonómica en réxime de persoal interino ou contratado administrativo, que deban ser desempeñados por funcionarios da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, ós que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselle-los servicios prestados en tal Administración cos criterios previstos na base anterior, a razón de 0,20 puntos por mes de servicios ou fracción.

II.1.2.3. Ós aspirantes contratados en réxime laboral temporal que desempeñen ou desempeñasen pos

tos reservados a funcionarios da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros nas relacións de postos de traballo, valoraránselle-los servicios prestados como tales en postos de traballo correspondentes ó grupo I do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, a razón de 0,20 puntos por mes ou fracción.

II.1.2.4. Así mesmo, ó persoal que preste servicios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de contratación administrativa, como persoal interino ou laboral temporal ocupando postos da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros non comprendido na base II.1.2.1, e que como tal ou como persoal laboral temporal ocupando postos equivalentes ó grupo A, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, teña prestado servicios noutras administracións públicas, valoraránselle-los ditos servicios coa seguinte puntuación:

a) 0,20 puntos por mes ou fracción, no caso de que o aspirante estea transferido á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,13 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos no apartado a) anterior.

II.1.2.5. A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme o previsto nas bases II.1.2.2, II.1.2.3 e II.1.2.4, en ningún caso poderá exceder de 16 puntos.

II.1.2.6. Ós aspirantes que xa accedesen á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se lles computaron os servicios a que fan referencia os apartados II.1.2.1, 2, 3 e 4 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán estes na presente convocatoria.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1. e II.1.2. deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se acompañará coa instancia que se presente, segundo os modelos que figuran como anexos IV e V a esta orde, debendo xuntarlle á dita certificación o funcionario competente que certifique as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e presentaranse cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido anteriormente.

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes do servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios ou, de se-lo caso, funcionario responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con anterioridade á publicación das cualificacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que rexerán as probas selectivas para cada unha das distintas especialidades publícanse como anexo VI.

II.2.1. Exercicios.

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 100 preguntas tipo test, con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel, e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo será de tres horas.

Os aspirantes polo sistema de promoción interna estarán exentos da realización deste exercicio.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez acabada a corrección da totalidade dos exercicios dos aspirantes.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes nun prazo máximo de seis horas deberán desenvolver durante as catro primeiras, por escrito, dous temas que se elixirán entre catro, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do temario específico do programa e as dúas últimas horas dedicaranse ó tratamento didáctico de tales temas tamén por escrito.

O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica dos dous temas elixidos, indicando en calquera caso, os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados oportunamente polo tribunal para realiza-la lectura pública do exercicio e a exposición e defensa do seu tratamento didáctico, dispoñendo o tribunal de 20 minutos como máximo para o seu debate co aspirante. A lectura pública do exercicio, así como a exposición e defensa do seu tratamento didáctico serán efectuadas polo seu autor. Na súa imposibilidade, ó seu rogo e na súa presencia, só a lectura pública do exercicio poderá ser efectuada pola persoa que designe ou por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñe-la obtención de copias fotostáticas dos exercicios.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos.

As puntuacións publicaranse diariamente, unha vez acabada a exposición ante o tribunal.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución dun suposto práctico, a elección do aspirante de entre dous, que serán os resultantes do sorteo levado a efecto entre catro elixidos polo tribunal e relacionados coas materias correspondentes ó contido do programa no que se refire ós temas específicos de cada especialidade. Dispoñerán dun período máximo de dúas horas para efectualo.

Cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso para superalo obter un mínimo de 4,5 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios dos aspirantes.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 4,5 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios dos aspirantes.

II.2.2. Os aspirantes deberán presentarse, para a realización de cada exercicio, provistos de documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.3. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, salvo a lectura do segundo exercicio, que se realizará en sesión pública.

II.2.4. A orde de puntuación dos aspirantes efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na de oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios:

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1996 (DOG nº 67, do 3 de abril) pola que se publica o resultado do sorteo celebrado

o día 15 de marzo de 1996, de conformidade co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro exercicio, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu comezo. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase e nalgún outro medio, se se xulga conveniente, con doce horas, polo menos, de anticipación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, deberá acorda-la súa exclusión, se procede, logo de audiencia ó interesado.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario, conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderanse nomear máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes se considere necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos tribunais, de se-lo caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realiza

sen tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal nº 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal. A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais, e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

Especialmente, cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades. Neste caso os aspirantes serán convocados para a realización do referido exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulga-los aspirantes relativos ás materias ou grupo de materias que se asignen a cada un deles.

III.9. A cada tribunal corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes á cota de reserva de promoción interna, presentados pola materia ou grupo de materias que lle corresponda cualificar.

III.10. Corresponderalle ó tribunal número un:

-Cursar, por orde do seu presidente, citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Fixar, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, o lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de acada-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan presentar e solicita-los restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección de aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión de cada tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte, e realizadas, se é necesario, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que considere pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicarse á Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos participantes. Neste caso estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvoltas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen de forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para isto os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar, nin declarará que superaron as probas selectivas, un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 15 de marzo de 1996.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lle correspondan.

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listas de aprobados

IV.1. Finalizado o proceso selectivo, os tribunais farán públicas no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de realización do último exercicio e naqueles outros que consideren oportunos, as relacións independentes de aspirantes que o superaron, tanto polo sistema xeral de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuación obtida, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta de ámbalas listas de aprobados á Dirección Xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentos e nomeamentos de funcionarios

V.I. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e publicarase no DOG. A partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título.

b) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.

V.2. Quen tivese a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro Central de Persoal ou da consellería ou organismo de que dependan que acredite tal condición, con expresión do número e importe dos trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.3. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade por falsidade na que incorresen na solicitude inicial.

V.4. Finalizado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que o superen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.5. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22º.2 do Regulamento de provisión de postos de

traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma galega terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

V.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e demais normas concordantes.

VI. Última norma

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, dado o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto na citada lei.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

MateriaCódigoNº prazas

totais

Promoción

interna

Acceso

libre

Navegación e meteoroloxíaA-110303

Coñecementos do buque, estabilidade, manobra, regulamentos e estibaA-111303

Bioloxía pesqueiraA-112413

Motores de combustión interna e instalacións propulsorasA-113303

Sist. mecánicos e pneumohidráulicosA-114202

Sistemas auxiliares, vapor e fríoA-115303

Sistemas eléctricos e electrónicosA-116303

Dereito marítimo e Lexisl. Pesque.A-117202

Seguridade marítimaA-118303

Hixiene no traballo e primeiros auxilios a bordoA-119101

Inglés marítimoA-120202

FísicaA-121202

Formación humanísticaA-122303

Lingua e literatura españolaA-123101

Lingua e literatura galegaA-124101

Educación físicaA-125101

Cultivos mariñosA-126716

Pesca marítimaA-127303

MatemáticasA-128202

Debuxo técnicoA-129303

Formación e orientación laboralA-130101

ANEXO II (continuación)

Instruccións para o interesado

Instruccións xerais.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, utilizando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

-Non esqueza asina-lo impreso.

Instruccións particulares.

1. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

2. Escala. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

02 Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

3. Materia. Segundo as especificadas no anexo I.

4. Provincia de nacemento. Consigne o texto e o código correspondente, tomando en consideración:

01 Álava14 Córdoba27 Lugo40 Segovia

02 Albacete15 A Coruña28 Madrid41 Sevilla

03 Alacante16 Cuenca29 Málaga42 Soria

04 Almería17 Xirona30 Murcia43 Tarragona

05 Ávila18 Granada31 Navarra44 Teruel

06 Badajoz19 Guadalaxara32 Ourense45 Toledo

07 Baleares20 Guipúscoa33 Asturias46 Valencia

08 Barcelona21 Huelva34 Palencia47 Valladolid

09 Burgos22 Huesca35 As Palmas48 Biscaia

10 Cáceres23 Xaén36 Pontevedra49 Zamora

11 Cádiz24 León37 Salamanca50 Zaragoza

12 Castellón25 Lleida38 Sta. Cruz de Tenerife51 Ceuta

13 Ciudade Real26 A Rioxa39 Cantabria52 Melilla

ANEXO IV

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Ó SISTEMA DE ACCESO LIBRE

D/Dna.:

(Nome do/a funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICA

Que segundo os datos que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada

D/Dna.:, DNI:

foi transferido/a á Comunidade Autónoma de Galicia por R.D. (1) ....................................... e ten acreditados os seguintes servicios:

I.- Base II.1.2.1.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo ........ do corpo ou escala

...................................... da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral fixo no grupo ........, categoría ..................... do convenio colectivo único da Xunta de

Galicia.

Anos: Meses: Días:

II.- Base II.1.2.2.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo ........ do corpo ou escala

..................................... da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

III.-Base II.1.2.3.

-Persoal laboral temporal no grupo ......., categoría ..................... do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

IV.-Base II.1.2.4.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo ........ do corpo ou escala ..................................... da Administración .....................................

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral temporal no grupo ........, categoría ..................... da Administración ................................

Anos: Meses: Días:

O que así fago constar para os efectos da participación do interesado/a no concurso-oposición publicado no DOG do día .......................... asino a presente certificación en ............................. a ................................ de mil novecentos noventa e sete.

(1) Especificar de se-lo caso

ANEXO V

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Ó SISTEMA DE ACCESO POR PROMOCIÓN INTERNA

D./Dna.:

(Nome do/a funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICA

Que segundo os datos que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada,

D./Dna.: ........................................ con DNI .......................... ten acreditados os seguintes extremos:

I. SERVICIOS PRESTADOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA (Base II.1.1.1.).

Prestou servicios na Administración autónoma de Galicia, no corpo ou escala: ....................... correspondentes ó grupo (Art. 19.1 Lei 4/1988) ..................

Tempo de servicios prestados:Anos: ........ Meses: ........ Días: .......

II. SERVICIOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (Base II.1.1.2.).

Prestou servicios noutras administracións públicas no corpo ou escala ..................... correspondentes ó grupo (Art. 19.1 Lei 4/1988) ...................

Tempo de servicios prestados: Anos: ........ Meses: ........ Días: ........

III. GRAO PERSOAL CONSOLIDADO (Base II.1.1.3).

Nivel .............

IV TRABALLO DESENVOLVIDO (Base II.1.1.4.).

Denominación do posto desempeñadoNivelDuración

V. CURSOS DE FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO (Base II.1.1.5.).

O que así fago constar para os efectos da participación do/a funcionario/a no concurso-oposición publicado no DOG do día ............. asino a presente certificación en .................. a .... de .............. de mil novecentos noventa e sete.

ANEXO VI

Programa que rexerá as probas selectivas

para o acceso ó corpo facultativo superior

da Administración da Xunta de Galicia, escala

de profesores numerarios de institutos politécnicos

marítimo-pesqueiros (Grupo A)

Temario xeral

Tema 1. O concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. A Coroa e funcións constitucionais.

Tema 3. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Proceso de elaboración e aprobación das leis.

Tema 4. O Tribunal Constitucional: natureza, composición e competencias. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Ministerio Fiscal.

Tema 5. O Goberno do Estado. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relación entre o Goberno e as Cortes.

Tema 6. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.

Tema 7. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

Tema 8. A Administración pública e o dereito. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. O costume e os principios xerais do dereito.

Tema 9. A lei: concepto e clases. Disposicións do Goberno con valor de lei: decreto-lei e decretos lexislativos.

Tema 10. O regulamento: concepto. Clasificación dos regulamentos. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. As circulares e instruccións.

Tema 11. A relación xurídico-administrativa. Os administrados. Situacións xurídicas dos administrados.

Tema 12. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. Suxeito, causas, fin e forma. Eficacia e executividade do acto administrativo. Nulidade, anulabilidade e derrogación dos actos.

Tema 13. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación.

Tema 14. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recurso ordinario e de revisión.

Tema 15. Os contratos administrativos: concepto e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos. Execución: obrigas e prerrogativas das partes. Resolución, rescisión e denuncia.

Tema 16. A actividade administrativa. A clasificación tradicional das formas de acción administrativa. A actividade administrativa de servicio público. Formas de xestión de servicios públicos.

Tema 17. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características do sistema vixente. Lesión determinante, suxeitos imputables e causa de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade. Procedemento de declaración de responsabilidade.

Tema 18. As propiedades administrativas en xeral. Clases. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público. O Consello de Contas.

Tema 19. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 20. As Comunidades Europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario. As institucións da CE.

Tema 21. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. Integración de España nas Comunidades. Exame xeral da acta de adhesión de España ás Comunidades Europeas.

Tema 22. O Orzamento. Concepto, natureza e clases. Principios orzamentarios. O gasto público. Os ingresos públicos.

Tema 23. A xestión económico-financeira pública de Galicia. A Facenda e o Patrimonio da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario.

Tema 24. Lei de costas: o seu obxecto e finalidades. Bens de dominio público marítimo terrestre. Servidumes legais. Concesións e autorizacións.

Tema 25. Mariña mercante: concepto e réxime das navegacións. Organización portuaria do Estado. Portos transferidos.

Tema 26. Competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca, marisqueo e acuicultura e formación profesional náutico-pesqueira.

Tema 27. Lei de pesca de Galicia: explotación dos recursos mariños.

Tema 28. Lei de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros. Infraccións, sancións e procedemento sancionador.

Tema 29. A formación secundaria, formación profesional e formación permanente de adultos. Normativa autonómica en materia de formación náutico-pesqueira.

Tema 30. A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura: estructura orgánica e funcións.

Temario específico da especialidade de navegación e meteoroloxía

Tema 1. Esfera terrestre: liñas e puntos principais. Sistema de coordenadas terrestres. Milla mariña. Horizonte do mar: puntos cardinais.

Tema 2. Proxeccións: clasificación. Cartas náuticas: as súas clases. Signos e abreviaturas usadas nas cartas náuticas. Situación, medida de rumbos e distancias nas cartas náuticas.

Tema 3. Magnetismo terrestre. Agulla magnética. Rumbos: as súas clases. Desvío e corrección total. Marcacións e demoras.

Tema 4. Magnetismo a bordo: as súas clases. Compensación. Obtención dos desvíos.

Tema 5. Navegación costeira: liñas de posición usadas na navegación costeira. Procedementos para obte-la situación por liñas de posición simultáneas ou non simultáneas.

Tema 6. Efectos do vento e a corrente sobre o buque na navegación. Navegación co vento e/ou corrente, coñecida ou descoñecida. Determinación da dirección e intensidade da corrente.

Tema 7. Agullas xiroscópicas: as súas clases. Desvíos da agulla xiroscópica a bordo.

Tema 8. Corredeiras: as súas clases.

Tema 9. Sondadores: as súas clases.

Tema 10. Balizamento das costas. Publicacións máis importantes de utilidade na navegación. A seguridade na navegación costeira.

Tema 11. Navegación astronómica. Esfera celeste: liñas e puntos principais. Sistema de coordenadas celestes.

Tema 12. Movemento de rotación e traslación da terra.

Tema 13. Movemento aparente da esfera celeste. Astros do sistema solar: os seus movementos.

Tema 14. Triángulo de posición. Fórmulas que relacionan os elementos do triángulo de posición.

Tema 15. Resolución do triángulo de posición nos casos usados na navegación.

Tema 16. Medida do tempo: as súas clases e relación entre os diferentes tipos de tempo.

Tema 17. Cronómetros mariños.

Tema 18. Almanaque náutico: manexo e utilidade práctica.

Tema 19. Sextante: descrición, teoría, manexo e utilidade práctica.

Tema 20. Correccións ás alturas observadas dos astros.

Tema 21. Recoñecementos dos astros.

Tema 22. Polo de iluminación dun astro. Círculo de alturas iguais.

Tema 23. Liñas de posición astronómica. Rectas de altura: as súas clases.

Tema 24. Casos particulares de rectas de altura.

Tema 25. Resolución dos diferentes casos de rectas de altura.

Tema 26. Situación por rectas de alturas simultáneas ou non simultáneas.

Tema 27. Situación ó mediodía verdadeiro. Coeficiente Pagel.

Tema 28. Derrota loxodrómica. Estima. Problema directo e inverso. Casos particulares. Estima con vento e/ou corrente.

Tema 29. Derrota ortodrómica. Formas de navegar por círculo máximo. Derrota mixta.

Tema 30. Mareas. Anuario de mareas. Resolución de exercicios de mareas.

Tema 31. Cinemática naval. Problemas de cinemática naval: directos e inversos. Rumbo de colisión. Navegación con néboa.

Tema 32. Radionavegación. Radiogoniómetro. Radiofaros. Coñecemento e manexo dos equipos. Resolución de exercicios para obtención da situación.

Tema 33. Radionavegación. Radar. Manexo e coñecemento do equipo e consideracións no uso para evitar abordaxes. Arpa.

Tema 34. Radionavegación. Sistemas hiperbólicos de radionavegación: manexo e coñecemento dos diferentes equipos e sistemas.

Tema 35. Navegación por satélite. Navstas G.P.S.

Tema 36. Meteoroloxía. Atmosfera. Temperatura e presión: a súa medida e representación.

Tema 37. A humidade: a súa medida. Fórmulas psicrométricas. Transformacións adiabáticas. Efecto Föhn. Estabilidade, inestabilidade e equilibrio indiferente do aire.

Tema 38. Vento: a súa medida. Circulación nunha alta e baixa presión. Escala de Beaufort. Terral e virazón. Vento real, de marcha e aparente. Ventos predominantes e perigosos no litoral español.

Tema 39. Nubes: formación e clasificación. Precipitacións: os seus tipos. Visibilidade. Néboas. Fenómenos ópticos, eléctricos e acústicos na atmosfera.

Tema 40. Masas de aire. Frontes: clases, formación e tempo asociado. Ciclóns extratropicais: formación e tempo que se asocia. Baixas térmicas. Gotas frías. Representacións gráficas das borrascas.

Tema 41. Ciclóns tropicais. Situación do buque dentro do ciclón e manobras adecuadas. Manobras para non penetrar dentro do ciclón tropical. Tornados e trombas mariñas.

Tema 42. Circulación xeral atmosférica. Monzóns. Centros de observación. Diagnose e prognose. Mapas do tempo. Zonas e boletíns meteoróloxicos. Clave FM 13-VII SHIP. Métodos de predicción.

Tema 43. O mar: composición, propiedades físicas. Fondos mariños. Ondas. Obtención da altura das ondas. Mar de fondo: clasificación e cálculo da súa altura. Métodos modernos de predicción da ondada.

Tema 44. Correntes mariñas. Influencia das correntes no clima e nas variables meteorolóxicas. Publi

cacións sobre correntes. Correntes no Atlántico, Mediterráneo, Pacífico, Índico e océanos glaciares.

Tema 45. Diagramas T-S e masas de auga. Frontes pesqueiras. Influencia das propiedades físicas da auga do mar na pesca. Navegación marítima meteorolóxica.

Tema 46. O xeo no mar. Bloqueo estacional da costa polo xeo. Manobra na proximidade dos xeos flotantes e na bancada de xeos.

Tema 47. Disposicións do convenio internacional da seguridade da vida humana no mar sobre xeos. Cartas de xeo. Xeamento.

Temario específico da especialidade

de coñecementos do buque, estabilidade, manobra,

regulamentos e estiba

Tema 1. Materiais empregados na construcción naval: materiais tradicionais e novos: a súa tecnoloxía. Probas dos materiais siderúrxicos empregados na construcción naval.

Tema 2. Esforzos a que está sometida a estructura dun buque: esforzos lonxitudinais, locais e flexións transversais.

Tema 3. Xeometría do buque: seccións do buque mediante os planos principais. Dimensións principais. Nomenclatura das partes do casco.

Tema 4. Descrición xeral do buque: sistemas de construcción. Sistema transversal, lonxitudinal e mixto. Elementos estructurais do barco.

Tema 5. Temóns: teoría do temón. Tipos de timóns. Servicio do goberno do buque.

Tema 6. Equipos e servicios do buque: descrición dos equipos que interveñen nos distintos servicios do casco en xeral: servicio de lastre, sentina, contraincendios e sanitario.

Tema 7. Elementos de fondeo e amarre. Áncoras: diferentes tipos, principais partes. Rizóns. Cadeas. Molinete, cabrestante e guinches.

Tema 8. Descrición xeral dun estaleiro: consideracións para o proxecto dun buque. Orde dos distintos traballos na construcción dun buque.

Tema 9. A botadura: estado do buque ó botalo á auga. Datos técnicos dunha botadura. Forma de levar a cabo as probas de mar.

Tema 10. Regulamentos para a construcción e inspección dos buques: organismos que regulan a construcción de buques. Regulamento español de recoñecemento de buques e embarcacións. Disposicións dos convenios internacionais sobre a construcción de buques.

Tema 11. Conservación do buque: xeneralidades. Pinturas mariñas. Protección das superficies metálicas mediante ánodos de sacrificio. Protección por correntes impresas.

Tema 12. Áreas e volumes: determinación de áreas e de volumes por métodos aproximados. A súa aplicación ó buque.

Tema 13. O desprazamento: flotabilidade, clases de desprazamentos, peso morto e porte. Cálculo do desprazamento. Coeficientes de afinamento.

Tema 14. O arqueo: arqueo do buque segundo I.M.O. e segundo o regulamento español.

Tema 15. Francobordo e liñas de máxima carga: o convenio internacional de 1966. Calados ó saír ó mar. Corrección por densidade e consumo.

Tema 16. Centro de gravidade do buque: as súas coordenadas. Cálculo das coordenadas en calquera condición de carga.

Tema 17. Estabilidade estática transversal: condicións de equilibrio nos corpos flotantes. Estabilidade inicial e para grandes inclinacións. Cálculo e trazado da curva de estabilidade estática transversal.

Tema 18. Estabilidade dinámica: concepto. Cálculo e trazado da curva de estabilidade dinámica. Criterios de estabilidade.

Tema 19. Estabilidade lonxitudinal: determinación dos calados do buque en calquera condición de carga. Poñer un buque en calados.

Tema 20. Traslados de pesos a bordo: movementos do centro de gravidade por traslado, carga ou descarga de pesos. Traslados verticais, os seus efectos. Traslados transversais, os seus efectos. Traslados lonxitudinais: cambio de asento.

Tema 21. Carenas líquidas: os seus efectos na estabilidade transversal. Modo de corrixi-los efectos sobre a estabilidade producidos polas superficies libres.

Tema 22. Oscilacións: estudio das ondas: as súas características e relacións. Movemento de balance. Relación do período de balance coa altura metacéntrica transversal do buque. Sincronismos. Dispositivos contra balance.

Tema 23. Resistencias que se opoñen á marcha do buque: fórmula xeral da resistencia. Semellanza mecánica. Canle de experiencias hidrodinámicas. Determinación da potencia que hai que instalar mediante a realización de ensaios con modelos.

Tema 24. Probas particulares e oficiais de buques: probas en estaleiros. Probas de mar. Relacións entre potencia, velocidade, revolucións e consumo. Curvas de máquinas, velocidade económica e autonomía.

Tema 25. Experiencia de estabilidade. Precaucións durante a experiencia. Execución da experiencia: datos obtidos. Alta de estabilidade.

Tema 26. Inundacións: efecto da inundación dun compartimento, estea ou non limitado en altura. Subdivisión estanca. Compartimentado.

Tema 27. Varada: varada na vertical do centro de flotación. Varada nun punto calquera da quilla. Efectos da varada. Pesos que hai que descargar para liberarse da varada. Varada en dique seco.

Tema 28. Propulsores helicoidais: descrición das hélices. Principais características. Paso, retroceso real e aparente das hélices. Cavitación.

Tema 29. Cabos, arames e cadeas: características mecánicas dos diversos tipos de cabos, arames e cadeas. Cálculo aproximado das cargas de rotura. Factores para ter en conta na elección de cabos, arames e cadeas. Conservación de cabos, enxarcia metálica e cadeas.

Tema 30. Manobras con áncoras: elección do fondeadoiro. Métodos de fondeo: avantaxes e inconvenientes. Faenas de áncoras. Terminoloxía referida á ancora.

Tema 31. Goberno e propulsión: efectos evolutivos combinados da hélice e temón. Curva de evolución. Diagramas de manobra. Interacción.

Tema 32. Manobras en porto e augas limitadas: factores que interveñen na manobra do buque. Atracadura e desatracadura en distintas condicións de vento e correntes. Efectos das estachas nas manobras.

Tema 33. Remolques: xeneralidades. Remolque abarloado e empuxado. Remolques en porto. Manobras de atraque e desatraque con remolcadores. Remolques de altura.

Tema 34. O buque no mar: organización a bordo. Navegación por augas restrinxidas. Manobras árticas e navegación entre xeos. Navegación fluvial. Navegación con néboa. Navegación con mal tempo. Aprovisionamento no mar.

Tema 35. Regras de rumbo e goberno. Regulamento de abordaxes. Regulamento de balizamento. Código internacional de sinais.

Tema 36. Medios de carga e descarga: puntais de carga. Tensións en amantes e ostas. Cabrias. Guindastres. Regulamento para o recoñecemento e inspección dos medios de carga e descarga nos buques mercantes.

Tema 37. Ferramenta empregada na estiba: ganchos, grillóns, poleas e pastecas. Estrobos, eslingas e redes. Regras de Grenet para o emprego de aparellos.

Tema 38. Estiba da carga: preparación de bodegas. Planos de estiba. Zapóns, portalóns e ramplas. Avarías producidas á carga durante a estiba.

Tema 39. Meteoroloxía das bodegas: punto de orballo. Equivalencias entre escalas. Ventilación das bodegas. Danos producidos á carga.

Tema 40. Técnicas de estiba de cargamentos tipo: madeira, minerais, algodón, fibra vexetal, la, café, té, sal, azucre e tabaco.

Tema 41. Técnicas de estiba de cargamentos tipo: arroz, raís, pranchas, lingotes, bobinas, papel de imprenta e peles.

Tema 42. Carga xeral: cargamentos a granel. Carga en sacos. Cargamento de barrís, bocois e toneis. Cargamento de bidóns. Cargamento de caixas de madeira e cartón.

Tema 43. Paletización e containerización: palets. Contedores tipos. Contedores frigoríficos. Carga de contedores.

Tema 44. Transporte de mercadorías perecedoiras: refrixeración a bordo. Temperaturas recomendadas de transporte. Estiba de productos cárnicos e lácteos. Transporte de froitas.

Tema 45. Transporte de aceites: aceites derivados do petróleo envasados. Aceites vexetais. Aceites animais. Aceites esenciais. Graxas. Caucho. Melaza.Augarrás.

Tema 46. Transporte de gando. Convenio Europeo sobre Protección de Animais en Transporte Internacional.Extracto do Regulamento para o transporte de gando en Estados Unidos.

Tema 47. Cubertada e trincaxe da carga: cubertadas. Trincaxes. Trincaxe de contedores. Materiais empregados na trincaxe da carga.

Temario específico da especialidade de bioloxía pesqueira

Tema 1. Os ecosistemas mariños. Características xerais. Subdivisión do medio mariño por factores topográficos, batimétricos e lumínicos.

Tema 2. Características físicas da auga do mar. Influencia dos factores físicos na bioloxía e ecoloxía das especies.

Tema 3. Características químicas da auga de mar. Influencia dos factores químicos na bioloxía e ecoloxía das especies.

Tema 4. O fondo oceánico. Relevo submariño. Sedimentos mariños.

Tema 5. Modelado do litoral. Acción xeolóxica do mar. A súa influencia na distribución das especies.

Tema 6. Biocenoses mariñas: plancto, necto e bentos. A súa relación co medio.

Tema 7. O plancto. Xeneralidades. Distribución e aproveitamento.

Tema 8. O necto. Xeneralidades. Distribución e aproveitamento.

Tema 9. O bentos. Xeneralidades. Distribución das comunidades bentónicas e aproveitamento.

Tema 10. Ciclo biolóxico no mar. Relacións tróficas.

Tema 11. Productividade mariña. Factores que a regulan.

Tema 12. Distribución espacial e temporal da productividade nos mares. A súa relación coa pesca.

Tema 13. Concepto de poboación. Dinámica de poboacións mariñas.

Tema 14. Efectos da actividade pesqueira na dinámica dunha poboación mariña.

Tema 15. Grupos de seres vivos que constitúen os principais recursos pesqueiros. A súa importancia na pesca.

Tema 16. Bioloxía e ecoloxía dos peixes de interese comercial.

Tema 17. Principais grupos de peixes de interese comercial. A súa importancia na pesca. Aproveitamento.

Tema 18. Bioloxía, ecoloxía dos moluscos de interese comercial.

Tema 19. Principais grupos de moluscos de interese comercial. A súa importancia na pesca. Aproveitamento.

Tema 20. Bioloxía e ecoloxía dos crustáceos de interese comercial.

Tema 21. Principais grupos de crustáceos de interese comercial. A súa importancia na pesca. Aproveitamento.

Tema 22. Algas de interese comercial. Aproveitamento.

Tema 23. Explotación racional dunha pesqueira. Relación entre rendementos e esforzos.

Tema 24. Teorías de explotación pesqueira: os seus modelos.

Tema 25. Medidas técnicas de regulación de pesqueira.

Tema 26. Significado biolóxico da regulamentación pesqueira.

Tema 27. Principais áreas de pesca. A súa relación coas características oceanográficas. Recursos pesqueiros.

Tema 28. Pesqueira bentónicas: as súas características e sistemas de extracción empregados.

Tema 29. Pesqueira demersais: as súas características e sistemas de extracción empregados.

Tema 30. Pesqueira peláxicas: as súas características e sistemas de extracción empregados.

Tema 31. Gadiformes. Importancia pesqueira.

Tema 32. Escombriformes. Importancia pesqueira.

Tema 33. Perciformes. Importancia pesqueira.

Tema 34. Clupeiformes. Importancia pesqueira.

Tema 35. Pleuronectiformes. Importancia pesqueira.

Tema 36. Influencia da temperatura e da luz na pesca.

Tema 37. Influencia da dinámica das augas na pesca.

Tema 38. Dinámica e principais recursos das rías galegas.

Tema 39. A plataforma continental galega: a súa importancia pesqueira.

Tema 40. A pesca en Galicia: flota pesqueira e caladoiros nos que exerce a súa actividade.

Tema 41. O peixe como alimento. Natureza endóxena e esóxena da súa descomposición.

Tema 42. Manipulación a bordo dos productos pesqueiros.

Tema 43. Métodos de conservación dos productos pesqueiros.

Tema 44. Microbioloxía dos productos pesqueiros.

Tema 45. Procesos de degradación dos productos pesqueiros.

Tema 46. Valoración da calidade dos productos pesqueiros.

Tema 47. Educación ambiental. Conservación do medio mariño.

Temario específico da especialidade de motores de combustión interna e instalacións propulsoras

Tema 1. Motores de combustión interna: estudio xeral; conceptos fundamentais. Carreira. Velocidade do pistón. Cilindrada. Relación de compresión.

Tema 2. Clasificación xeral dos motores de C.I. Ciclo de traballo. Estudio térmico do ciclo. Outros criterios de clasificación: segundo o número de cilindros e a disposición.

Tema 3. Ciclo teórico e práctico dos motores diésel de dous e catro tempos. Análise das diferencias.

Tema 4. Diagrama circular de regulación. Diagrama P-V aberto e pechado. Estudio. Obtención dos diagramas.

Tema 5. Bancada, bastidores e bloque de cilindros. Camisas secas e húmidas. Control do desgaste das camisas.

Tema 6. Culata, válvulas e sistemas de accionamento. Avarías e mantemento.

Tema 7. Pistóns e segmentos; tipos de pistóns, refrixeración dos pistóns. Aros de compresión e de engraxamento, avarías e mantemento.

Tema 8. Estudio dos esforzos no tren alternativo. Determinación da posición do émbolo respecto do cegoñal. Par motor.

Tema 9. Curvas características dun motor. Potencia indicada e potencia efectiva. Consumo específico. Obtención das curvas e factores que inflúen.

Tema 10. Sistemas de inxección; funcións do sistema de inxección. Distintos sistemas de inxección: inxección mecánica e pneumática.

Tema 11. Atomización de combustibles líquidos. Presión de inxección, penetración, dispersión, grao de atomización. Razón das altas presións. Tempo dispoñible para a mestura.

Tema 12. Inxectores: descrición e principios de funcionamento. Tipos de inxectores. Mantemento e verificación.

Tema 13. Bombas de inxección: distintos tipos e forma de regula-la cantidade de combustible inxectado. Bombas de carreira variable. Bombas de carreira constante. Bombas de presión constante.

Tema 14. Métodos para mellora-la presión media: sobrealimentación, obxecto e avantaxes. Ciclos teóricos de motores sobrealimentados.

Tema 15. Compresores de baixa presión. Compresores volumétricos, turbosoprantes. Compresores de desprazamento positivo. Compresores de paletas.

Tema 16. Turbinas de gas. Nocións xerais e ciclos de traballo. A súa aplicación na mariña. Ciclo a volume constante. Ciclo a presión constante. Ciclo aberto e simple.

Tema 17. Estudio dos motores de aspiración natural e sobrealimentados.

Tema 18. Arrinque dos motores: xeneralidades, preparación do motor para o arrinque. Sistemas de arrinque: arrinque manual e eléctrico.

Tema 19. Arrinque por aire comprimido. Circuítos de arrinque. Válvulas e distribuidores de arrinque.

Tema 20. Compresores alternativos de aire de arrinque. Compresión en varias etapas. Necesidade de fracciona-la compresión.

Tema 21. Indicador de diagramas: utilización; tipos máis usados. Anomalías detectadas nos diagramas e a súa corrección no motor.

Tema 22. Estudio dos ciclos dos motores de explosión de dous e catro tempos. Diagrama teórico e práctico. Estudio das diferencias.

Tema 23. A combustión nos motores de explosión. Detonación e adianto ó acendido. Velocidade de propagación da chama. Factores que inflúen na velocidade da chama.

Tema 24. A carburación: principios de funcionamento do carburador. Carburador de calibre compensador Zenith. Relación aire/combustible químicamente correcta.

Tema 25. Sistemas de acendido nos motores de explosión. Distintos tipos de acendido. Prato magnético. Acendido por batería e delco.

Tema 26. Renovación da carga enerxética nos motores diésel. Renovación da carga enerxética nos motores de explosión. Cantidade mínima que pode impulsa-la bomba.

Tema 27. Contaminación: precaucións para previla desde os buques. Métodos de eliminación e contención. Regulamentación.

Tema 28. Inversión da marcha en motores reversibles e non reversibles. Caso dun motor diésel de dous e catro tempos.

Tema 29. Hélices de paso variable: xeneralidades, estudio dos sistemas de hélice de paso variable.

Tema 30. Potencia e rendemento dos motores de combustión interna. Potencia indicada e potencia efectiva.

Tema 31. Métodos para a medición da potencia nos motores de combustión interna. Freos e torsiómetros.

Tema 32. Reguladores de velocidade. Reguladores mecánicos e hidráulicos. Reguladores con caída de velocidade permanente e con caída de velocidade transitoria.

Tema 33. Estudio do volante. Distintas formas constructivas e cálculo deste.

Tema 34. Procedementos para varia-la potencia. Características dun motor diésel. Diagrama.

Tema 35. Estudio da combustión. Procesos da combustión. Cálculo da cantidade de aire. Combustión dunha partícula de combustible no cilindro.

Tema 36. Inxección en cámara fraccionada. Distintos tipos de cámaras. Vantaxes e inconvenientes. Cámara de inxección directa. Cámara de turbulencia. Cámara de aire e célula de enerxía.

Tema 37. Combustibles utilizados nos motores diésel. Obtención, características e utilización a bordo. Punto de inflamación e de acendido. Índice de octano. Índice de cetano. Detonancia ou picado diésel.

Tema 38. Lubricación: estudio, sistemas de lubricación, circuítos de lubricación nos motores mariños. Graos de lubricación.

Tema 39. Lubricantes: obtención e características para a súa utilización en motores de combustión interna.

Tema 40. Refrixeración dos motores diésel. Compoñentes da instalación nun buque. Necesidade da refrixeración. Sistema aberto. Sistema pechado.

Tema 41. Instalacións propulsoras. Motores lentos e motores rápidos.

Tema 42. Reductoras, embragues, liña de eixes, obturadores de buguina. Inversor-reductor.

Tema 43. Conducción e mantemento dos motores, avarías, síntomas e remedios.

Tema 44. Regulación e control nas instalacións propulsoras. Tipos de sensores, reguladores de presión, temperatura e velocidade.

Tema 45. Simuladores de cámaras de máquinas. Aplicación práctica.

Tema 46. Medida da potencia no banco de probas e a bordo.

Tema 47. Estudio do varrido dos motores diésel de dous tempos: distintos sistemas. Bombas de varrido.

Temario específico da especialidade de sistemas mecánicos e pneumohidráulicos

Tema 1. Metais: xeneralidades. A súa constitución. Coñecemento da materia.

Tema 2. Aliaxes ferro-carbono: composición, constitución e estructura. Diagrama de equilibrio e de transformacións.

Tema 3. Fundicións de ferro: as súas clases. Designación convencional. Campo de emprego.

Tema 4. Productos metalúrxicos non férreos: cobre, bronces e latóns. O seu emprego no sector marítimo.

Tema 5. Aliaxes lixeiras. As súas clases. Aplicacións.

Tema 6. Aceiros usados na construcción naval: A,C,D e E. Aceiros resistentes á calor, etc.

Tema 7. Tratamento dos aceiros: tempero e revenido, normalizado e recocido.

Tema 8. Productos pulvimetalúrxicos, aliaxes dispersas.

Tema 9. Materiais non metálicos: plásticos, cerámicos. As súas clases.

Tema 10. Tratamentos (térmicos e termoquímicos) dos metais. Medios empregados para control da temperatura.

Tema 11. Ensaios destructivos. As súas clases e aplicacións.

Tema 12. Ensaios non destructivos. As súas clases e aplicacións.

Tema 13. Chumbo, estaño, zinc, níquel, titanio, aliaxes Maraging, aliaxes antifricción e metais nucleares.

Tema 14. Metroloxía e metrotecnia. Sistemas de unidades. Instrumentos empregados en metroloxía.

Tema 15. Normalización: xeneralidades. Axustes e tolerancia. Campo de aplicación.

Tema 16. Soldadura: xeneralidades. Clasificación de soldaduras. Elementos para soldar.

Tema 17. Soldadura oxiacetilénica.

Tema 18. Soldadura: probas de procedementos. Xeneralidades.

Tema 19. Soldadura: unións soldadas, detalles constructivos.

Tema 20. Soldadura por arco manual con electrodo revestido.

Tema 21. Soldadura por arco somerxido, soldadura por electroescoria.

Tema 22. Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible e consumible.

Tema 23. Soldadura por resistencia eléctrica.

Tema 24. Soldadura por explosión, feixe de electróns e láser.

Tema 25. Introducción á soldabilidade.

Tema 26. Soldabilidade de aceiros ó carbono-manganeso e de alto límite elástico.

Tema 27. Soldabilidade de aceiros temperados e revenidos.

Tema 28. Soldabilidade de aceiros ó carbono-molibdeno e ó cromo-molibdeno.

Tema 29- Soldabilidade de aceiros ó níquel e aceiros inoxidables.

Tema 30. Defectoloxía das unións soldadas.

Tema 31. Oxicorte: xeneralidades. Cortes con plasma. Corte con raios láser.

Tema 32. Mecanizado con máquina ferramenta. Torneado. Fresado. Trade. Esmerilado. Limado. Xeneralidades. Operacións que hai que realizar.

Tema 33. Torno: descrición, cadea cinemática do torno paralelo, ferramentas do torno, operación de torneado e roscado.

Tema 34. Pneumática aplicada. Elementos que interveñen: a súa función. Simboloxía. Aplicacións en servicios dun buque.

Tema 35. Hidráulica aplicada. Elementos que interveñen: a súa función. Simboloxía. Aplicacións en servicios dun buque.

Tema 36. Circuítos pneumáticos e hidráulicos máis comúns a bordo. A súa importancia. Circuítos pneumohidráulicos.

Tema 37. Maquinaria de cuberta: molinetes, maquinillas, cabrestantes, servo-timón.

1) Materiais.

2) Ensamblado das partes.

3) Instalación a bordo.

4) Mantemento.

Tema 38. Bombas e tuberías a bordo de buques:

1) Materiais

2) Probas en fábrica ou talleres.

3) Ensamblado das distintas partes.

4) Instalación a bordo.

5) Mantemento.

Tema 39. Motores de combustión interna para propulsión:

1) Materiais.

2) Probas en fábrica.

3) Montaxe das distintas partes.

4) Instalación a bordo.

5) Mantemento.

Tema 40. Turbinas de propulsión e auxiliares:

1) Materiais.

2) Probas en fábrica.

3) Ensamblado das partes.

4) Instalación a bordo.

5) Mantemento.

Tema 41. Reductoras: liña de eixes. Hélices. Acoplamentos elásticos:

1) Materiais.

2) Probas en fábrica.

3) Instalación a bordo.

4) Mantemento.

Tema 42. Motores auxiliares de combustión interna e accesorios:

1) Materiais.

2) Probas en fábrica.

3) Montaxe das partes.

4) Instalación a bordo.

5) Mantemento.

Tema 43. Caldeiras principais e auxiliares:

1) Materiais.

2) Vixilancia durante a súa fabricación.

3) Instalación a bordo.

4) Probas.

5) Mantemento.

Tema 44. Compresores de aire e frío: instalacións frigoríficas:

1) Materiais.

2) Ensamblado das partes.

3) Instalación a bordo.

4) Mantemento.

Tema 45. Materiais de casco: rodas, codastes, arbotantes, portelos, caixas, tomas de mar, peches de zapón, portas estancas, escobéns, temón mecha, temón-pa, mastros, plumas de carga, pescantes de botes, botes salvavidas e buguinas:

1) Ensaio de materiais.

2) Soldadura.

3) Distintas probas e comprobacións.

Tema 46. Pezas de recambio mínimas esixibles da maquinaria dun buque.

Tema 47. Parque de Pesca: maquinaria e accesorios:

1) Materiais.

2) Instalación a bordo.

3) Probas de funcionamento.

4) Mantemento.

Temario específico da especialidade de sistemas auxiliares, vapor e frío

Tema 1. Termodinámica aplicada á vaporización dos fluídos.

Tema 2. Producción de frío: distintos sistemas.

Tema 3. Ciclos frigoríficos: descrición e funcionamento.

Tema 4. Descrición, funcionamento e puntos que hai que observar nunha instalación frigorífica de expansión directa.

Tema 5. Descrición, funcionamento e puntos que hai que observar nunha instalación frigorífica de salmoira.

Tema 6. Descrición, funcionamento e puntos que hai que observar nunha instalación frigorífica con separador de partículas.

Tema 7. Compresores frigoríficos utilizados nos buques.

Tema 8. Operacións máis comúns, que hai que realizar nunha instalación frigorífica. Meter aceite. Meter freón. Sacar aire do compresor. Sacar aire da instalación. Regular grao de requentamento. Sacar humidade. Sacar aceite da instalación. Comprobar fugas. Regular presostatos de alta, baixa e diferencial. Eliminar sucidade na instalación.

Tema 9. Elementos de seguridade e control nas instalacións frigoríficas.

Tema 10. Sistemas de conxelación máis utilizados nos buques.

Tema 11. Sistemas de conservación máis utilizados nos buques.

Tema 12. Regulación e posta a punto das instalacións frigoríficas.

Tema 13. Xeradores de vapor utilizados nos buques. Caldeiras de chama retorno: tipo A, tipo D, tipo M. Vaporización indirecta.

Tema 14. Circuítos de alimentación de auga aplicados ós buques.

Tema 15. Circuítos de alimentación de combustible aplicados ós buques.

Tema 16. Reguladores automáticos de nivel.

Tema 17. Tiro natural e artificial: necesidade, clase e fundamento.

Tema 18. Analizadores de gases da combustión.

Tema 19. Equipos auxiliares utilizados nos buques.

Tema 20. Condensadores máis usados nas instalacións dos buques.

Tema 21. Intercambiadores de calor máis empregados nos buques.

Tema 22. Obtención de auga doce a partir da auga de mar.

Tema 23. Separadores de augas oleosas máis utilizados nos buques.

Tema 24. Compresores e instalacións de aire usados nos buques.

Tema 25. Bombas: tipos máis usuais nos buques.

Tema 26. Sistemas de instalacións de bombeo empregadas nos buques.

Tema 27. Servicios de emerxencia nos buques.

Tema 28. Turbinas: tipos máis frecuentes nos buques.

Tema 29. Elementos que conforman as turbinas de acción.

Tema 30. Elementos que conforman as turbinas de acción-reacción e reacción.

Tema 31. Equilibrado e velocidade crítica dos elementos rotantes do buque.

Tema 32. Elementos de transmisión de potencia utilizados nos buques.

Tema 33. Torsiómetros: a súa aplicación para calcula-la potencia.

Tema 34. Potencia periférica da turbina durante a súa marcha e durante o arrinque.

Tema 35. Ciclos termodinámicos aplicados ás instalacións dos buques.

Tema 36. Indicadores: descrición e manexo.

Tema 37. Maquinaria rotativa usada nos buques.

Tema 38. Maquinaria alternativa empregada nos buques.

Tema 39. Ciclo do vapor no interior do cilindro: períodos que o forman e o porqué deles.

Tema 40. Potencia indicada e efectiva: modo de calculala.

Tema 41. Rendementos que hai que ter en conta na maquinaria do buque.

Tema 42. Control e regulación das máquinas.

Tema 43. Curvas de regulación.

Tema 44. Cambios de marcha.

Tema 45. Variación da potencia nas máquinas e turbinas.

Tema 46. Transformación das forzas que actúan nos distintos puntos das máquinas e os seus pares.

Tema 47. Subidas e baixadas de dique: normas e procedementos.

Temario específico da especialidade de sistemas eléctricos e electrónicos

Tema 1. Materia. Estructura do átomo. Causa da electricidade.

Tema 2. Electrostática. Lei de Coulomb. Transmisión de cargas.

Tema 3. Conductores e illantes. Resistencia dos conductores.

Tema 4. Corrente eléctrica. Tensión e intensidade. Potencia eléctrica. Relación entre a potencia eléctrica e a mecánica.

Tema 5. Agrupamento de receptores. Cálculo dos seus valores.

Tema 6. Forza electromotriz. Fonte de tensión ideal. Leis de Kirchhoff.

Tema 7. Xeradores químicos. Pilas secas. Acumulador de chumbo. Polarización.

Tema 8. Agrupamento de acumuladores. Cálculo dos seus valores. Carga e descarga de acumuladores.

Tema 9. Principios do magnetismo. Campo magnético. Electromagnetismo. Intensidade do campo.

Tema 10. Condensadores. Capacidade. Acoplamento de condensadores.

Tema 11. Corrente alterna: xeración. Valores que deben considerarse na corrente alterna.

Tema 12. Análise trigonométrica e vectorial da corrente alterna.

Tema 13. Circuítos elementais de corrente alterna.

Tema 14. Potencia en corrente alterna: activa, reactiva. Consideracións sobre o factor de potencia.

Tema 15. Resonancia eléctrica.

Tema 16. Medida de magnitudes eléctricas.

Tema 17. Xeradores de corrente continua. Constitución dunha dinamo. Inductor, inducido e colector. Acoplamento de dinamos.

Tema 18. Xeradores de corrente alterna. Alternador: características.

Tema 19. Excitatrices con e sen vasoiriñas.

Tema 20. Regulación da tensión.

Tema 21. Características dos alternadores.

Tema 22. Ensaios dos alternadores.

Tema 23. Avarías máis comúns dos alternadores.

Tema 24. Acoplamento e funcionamento dos alternadores en paralelo.

Tema 25. Cadros de distribución. Proteccións.

Tema 26. Motores eléctricos: tipos máis utilizados a bordo. Motores Serie, Shunt e Compound.

Tema 27. Características de funcionamento dos motores eléctricos.

Tema 28. Motores de inducción de gaiola de esquío. Conexión e arrinque.

Tema 29. Motores monofásicos de inducción. Dispositivos de arrinque.

Tema 30. Arrincadores: tipos, conexións e distribución.

Tema 31. Avarías máis comúns nos motores eléctricos.

Tema 32. Mantemento preventivo de máquinas e equipos eléctricos.

Tema 33. A montaxe electrónica: o soldador. Realización de soldaduras.

Tema 34. Transformadores: xeneralidades. Rendemento e localización de defectos.

Tema 35. Teoría do transformador monofásico de potencia. Circuíto magnético: material, sección e formas.

Tema 36. Transformadores de sistemas trifásicos. Conexión das fases.

Tema 37. Perdas nos transformadores.

Tema 38. Autotransformadores.

Tema 39. As válvulas electrónicas.

Tema 40. Teoría dos semiconductores. Características.

Tema 41. Osciloscopio: elementos.

Tema 42. Amplificadores. Amplificadores non sintonizados. Amplificadores de gran sinal. Amplificadores operacionais e diferenciais. Amplificadores realimentados.

Tema 43. O diodo: unión P.N. Diodo de unión. Diodos especiais. Circuítos con diodos.

Tema 44. Rectificadores: circuítos rectificadores monofásicos. Fistrado e catabilización.

Tema 45. Transistores N.P.N. y P.N.P. Transistores bipolares. Transistores de efecto de campo unipolar. Transistores de efecto de campo de posta illada.

Tema 46. Circuítos básicos.

Tema 47. Circuítos lóxicos: sistemas combinacionais: métodos simplificados. Automatismos combinatorios e secuenciais.

Temario específico da especialidade de dereito marítimo e lexislación pesqueira

Tema 1. Espacios marítimos: mar territorial, augas interiores, zona contigua, plataforma continental, mar aberto. Liberdade do mar aberto. Zona marítimo-terrestre e servidumes.

Tema 2. Organización marítimo-administrativa do litoral español. Organización marítima no estranxeiro. Axentes diplomáticos e consulares.

Tema 3. Os portos: concepto e clasificación. Organización portuaria. Autoridade portuaria. Portos do Estado.

Tema 4. Réxime de policía de portos e mariña mercante.

Tema 5. Dominio público portuario estatal. Servicios portuarios. Servicio de practicaxe.

Tema 6. Administración marítima central. Administración periférica. Capitanía marítima. Sociedade de salvamento e seguridade marítima.

Tema 7. Despacho de buques. Recoñecementos periciais de buques.

Tema 8. Réxime aduaneiro. As aduanas. Manifesto. Zona fiscal e zona de vixilancia. Portos, zonas e depósitos francos.

Tema 9. Delictos e faltas. Persoas responsables criminal e civilmente dos delictos e faltas.

Tema 10. Contrabando e defraudación.

Tema 11. Dereito mercantil: concepto e fontes. Dereito marítimo.

Tema 12. O buque: concepto e natureza xurídica. Clasificación. Nacionalidade e abandeiramento.

Tema 13. Publicidade do buque. O Rexistro Mercantil de buques. O Rexistro de Matrículas de Buques e Empresas Navais. A patente de navegación.

Tema 14. A propiedade do buque. Xeitos de adquiri-la propiedade do buque en dereito público e en dereito privado.

Tema 15. O contrato de construcción do buque. Contrato de compravenda do buque. Venda forzosa do buque. Abandono do buque.

Tema 16. O condominio do buque.

Tema 17. O buque como obxecto de garantía. A hipoteca naval.

Tema 18. Armador e propietario do buque. Responsabilidade. Limitación da responsabilidade do armador en dereito comparado e no dereito español.

Tema 19. O persoal de terra colaborador do armador. Consignatario. Xestor naval.

Tema 20. O capitán: concepto, requisitos, funcións, dereitos e obrigas. Responsabilidade do capitán. Despedimento do capitán.

Tema 21. Rexistro Civil. Testamento: concepto e clases. Testamento marítimo.

Tema 22. Modos de utilización do buque. O contrato de fletamento. O «time-charter». Fletamento ordinario: concepto e requisitos. Cláusulas máis usuais.

Tema 23. O transporte de mercadorías en réxime de coñecemento de embarque. O contrato de pasaxe.

Tema 24. O remolque marítimo. O contrato de remolque. O remolque manobra. O remolque esporadicamente prestado no mar. O remolque transporte.

Tema 25. O seguro marítimo (I): concepto e caracteres. Elementos do contrato.

Tema 26. O seguro marítimo (II). Obrigas do asegurador e do asegurado. Liquidación do contrato de seguro: acción de avaría e acción de abandono.

Tema 27. O préstamo á grosa.

Tema 28. Avarías: concepto xeral e clases. Fundamentos xurídicos. Avaría simple ou particular. Avaría grosa ou común. Regras de York e Amberes.

Tema 29. A arribada forzosa.

Tema 30. O naufraxio. A abordaxe.

Tema 31. Auxilios, salvamentos, achados e extraccións marítimas. A súa regulación na Lei do 24 de decembro de 1962.

Tema 32. Protesta de mar. Clases. Requisitos e formalidades. A «note of protest» no Reino Unido.

Tema 33. Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar: disposicións xerais. Construcción: xeneralidades e aplicación.

Tema 34. Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar: elementos de salvamento. Seguridade da navegación. Radiotelegrafía e radiotelefonía.

Tema 35. Pesca marítima. Ordenación do sector pesqueiro. Distribución competencial.

Tema 36. Regulamentación de artes e aparellos permisibles na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 37. Regulamentación nacional da pesca con artes de arrastre, cerco, volante e palangre. Lei de infraccións pesqueiras do 13 de xullo de 1982.

Tema 38. Regulación das ensinanzas náutico-pesqueiras na Xunta de Galicia.

Tema 39. Convenios, acordos e organismos internacionais de pesca máis importantes.

Tema 40. Normativa sobre a contaminación nas augas mariñas. Referencia á súa regulación en normas internacionais, nacionais e autonómicas.

Tema 41. Particularidades das relacións laborais no mar; especial referencia ó contrato de alta dirección. Especialidades da xornada no mar.

Tema 42. Ordenanzas laborais de pesca.

Tema 43. Sistemas retributivos na pesca. Modalidades de cotización e recadación á Seguridade Social do mar.

Tema 44. Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar: evolución histórica, prestacións. O Instituto Social da Mariña.

Tema 45. Convenio internacional sobre busca e salvamento marítimo.

Tema 46. Confrarías de pescadores. Organizacións de productores.

Tema 47. O Decreto 419/1993, do 17 de decembro: regulación da comercialización dos productos da pesca.

Temario específico da especialidade de seguridade marítima

Tema 1. Plan nacional de salvamento e loita contra a contaminación.

Tema 2. Normas complementarias de aplicación ás embarcacións de pesca que teñen as súas bases na Comunidade Autónoma galega.

Tema 3. Cadro orgánico. Sinais de seguridade.

Tema 4. Formación da tripulación: técnicas, exercicios. Aros salvavidas. Distribución e estiba. Chalecos salvavidas, probas que se deben realizar.

Tema 5. Embarcacións de supervivencia. Balsas salvavidas. Accesorios e mantemento.

Tema 6. Botes salvavidas. Propulsión. Distintos tipos. Botes de rescate.

Tema 7. Zonas de posta a flotación das embarcacións de supervivencia. Medios. Diferentes sistemas.

Tema 8. Emerxencia nun buque que está no mar. Procedementos para dar a coñece-la situación de emerxencia. Sinais de salvamento.

Tema 9. Organización da busca e salvamento. Manuais. Sistemas de notificación.

Tema 10. Procedemento da busca e salvamento. Determinación de áreas. Determinación da deriva nas embarcacións.

Tema 11. Técnicas de busca. Métodos. Conducción da exploración.

Tema 12. Preparación dun buque para operar con helicóptero. Medidas preventivas de seguridade. Sinais. Operacións de aterraxe e suspensión.

Tema 13. Unidade de rescate. Manexo. Posta a flotación. Uso dos botes de rescate. Procedementos para os casos de home a auga. Accións que hai que tomar.

Tema 14. Supervivencia. Afeccións que poden afectar ós náufragos. Aspectos psicolóxicos.

Tema 15. Causas para considera-lo abandono. Procedementos para efectualo.

Tema 16. Fase de permanencia inmerso na auga. Permanencia, detención e salvamento nas embarcacións de supervivencia.

Tema 17. Contaminación. Recoñecemento do petróleo na costa. Recoñecemento aéreo.

Tema 18. Control do petróleo flotante. Utilización de cercos e barreiras.

Tema 19. Eliminación do petróleo da superficie das augas. Medios.

Tema 20. Recollida e tratamento do petróleo no litoral.

Tema 21. Loita contra os vertidos de petróleo no mar. Teoría e práctica.

Tema 22. O lume: definición e relación entre os seus compoñentes. Triángulo e tetraedro do lume. Combustión. Teoría dos incendios. Transmisión da calor, as súas clases.

Tema 23. Clasificación dos lumes en función dos combustibles. Resultados da combustión. Situación a bordo das distintas clases.

Tema 24. Manifestacións especiais das ignicións de combustible e da súa combustión. Explosións. Outros fenómenos do lume. Caso especial de explosión: BLEVE.

Tema 25. Axentes extintores: a auga, o anhídrido carbónico, halóns, escumas. Definicións, clasificación e descrición.

Tema 26. Pos químicos: características e toxicidade. Elección do axente extintor e eficacia. Descrición dos diversos tipos que se empregan.

Tema 27. Normas xerais de extinción. Aplicación do axente extintor.

Tema 28. Sistemas e técnicas especiais de extinción. Técnicas baseadas en pos e sólidos. Axentes combinados. Outros.

Tema 29. Misión dos extintores na protección contra incendios. Antecedentes históricos. Distintos tipos, probas, mantemento e localización.

Tema 30. Sistemas de equipos na rede C.I. Circuítos. Elementos dos circuítos. Descrición das bombas C.I.

Tema 31. Mangueiras. Distintos tipos. Inspección das mangueiras, mantemento. Racores e adaptadores.

Tema 32. Equipos móbiles productores de escuma, xeradores e lanzas. Mantemento dos equipos.

Tema 33. Detección do lume. Clases de detección. Compoñentes dun sistema de detección.

Tema 34. Os detectores do lume. Elección segundo a súa eficacia. Número de detectores necesarios. Mantemento.

Tema 35. Protección de locais con sistemas fixos de C.I. Composición dun sistema fixo de escuma. Funcionamento do sistema.

Tema 36. Xeradores de escuma, tipos. Sistema fixo de escuma na sala de máquinas e caldeiras. Mantemento.

Tema 37. Emprego dos gases nas instalacións fixas de extinción de incendios. Clases. Distintos sistemas.

Tema 38. Sistemas de extinción de po químico seco. Coidados especiais. Mantemento.

Tema 39. Equipos de protección na extinción de incendios. Traxes especiais.

Tema 40. Protección das vías respiratorias: filtros e equipos.

Tema 41. Sinalización. Identificación de tuberías. Ventilación.

Tema 42. Os incendios a bordo. Organización da loita contra incendios. Formación.

Tema 43. Uso, manexo e coñecemento dos equipos. Aplicación de chorros.

Tema 44. Fumes. Composición do fume e efectos sobre as persoas. Comportamento do fume. Circulación a bordo. Sistemas de ventilación e incomunicación dos fumes.

Tema 45. Principios de acción preventiva contra o lume. Avaliación do risco. Método para avalia-lo risco de incendio. Distintos métodos.

Tema 46. Avarías estructurais no buque. Procedementos para taponar e repara-los buratos no casco.

Tema 47. Parcheo de tuberías en emerxencia. Precaucións de seguridade. Apontoamentos.

Temario específico da especialidade de hixiene no traballo e primeiros auxilios a bordo

Tema 1. O buque desde o punto de vista hixiénico. Distribución de locais habitables e outros espacios.

Tema 2. Abastecemento, almacenamento, conservación e depuración da auga a bordo. Hixiene individual.

Tema 3. Valoración do estado de gravidade do individuo. Pulso, tensión arterial, respiración, temperatura, coloración do rostro, pel e mucosas, diurese, nivel de conciencia, etc.

Tema 4. A dor: diagnóstico diferencial das principais enfermidades torácicas e abdominais caracterizadas pola presencia de dor.

Tema 5. Hemorraxias: tipos. Diagnóstico a bordo. Tratamento.

Tema 6. O shock: mecanismos de producción. Tipos de shock. Tratamento.

Tema 7. O coma: enfermidades que producen perda de sentido e o seu tratamento a bordo.

Tema 8. Contusións e feridas: tipos de feridas e o seu tratamento a bordo.

Tema 9. Fracturas: a súa clasificación e primeiros auxilios a bordo. Traslado de feridos.

Tema 10. Lesións nos ollos: queimaduras, corpos estraños, inflamacións, feridas.

Tema 11. Insolación e golpe de calor. Producción e perda de calor polo organismo.

Tema 12. Queimaduras: clasificación, síntomas, tratamento e prognóstico.

Tema 13. Accidentes causados polo frío. Enfriamento xeral. Enfriamento local e conxelacións. Tratamento a bordo.

Tema 14. A intoxicación a bordo: vías de entrada dun tóxico no organismo. Intoxicacións máis comúns: antídotos. Medidas xerais de tratamento.

Tema 15. Clasificación das causas que producen anoxia cerebral. Morte aparente. Signos de certeza de morte. Actitude diante dun falecemento a bordo.

Tema 16. Reanimación: técnicas de respiración artificial e masaxe cardíaca. Combinación dos métodos. Duración da reanimación.

Tema 17. Medicación parenteral. Técnicas das inxeccións subcutáneas, intramusculares e intravenosas. Suturas.

Tema 18. Tuberculose pulmonar: etioloxía. Formas de contaxio. Sintomatoloxía. Actitude diante dun caso a bordo: tratamento.

Tema 19. Exploración da rexión oral. Dor de moas e flegmóns dentarios. Disfaxia, tipos, diagnóstico diferencial.

Tema 20. Gastroenterite infecciosa e tóxica. Úlcera gastro-duodenal.

Tema 21. Diarrea e síndrome de mala absorción. Enfermidades inflamatorias crónicas do intestino. Trastornos intestinais funcionais. Trastornos ano-rectais.

Tema 22. Intoxicacións e toxiinfeccións alimentarias: botulismo, brucelose, salmonelose.

Tema 23. O páncreas: as súas funcións. Pancreatite: tipos, etioloxía, sintomatoloxía e tratamento.

Tema 24. Dor abdominal aguda (abdome agudo). Peritonite: clasificación.

Tema 25. Manifestacións clínicas das hepatopatías. Dexeneración graxa do fígado. Hepatite vírica.

Tema 26. Infección urinaria das vías altas e das vías urinarias baixas. Prostatite. Hipertrofia prostática benigna e retención de ouriños.

Tema 27. Litiase renal. Cólico nefrítico. Hemorraxias urinarias.

Tema 28. Diagnóstico das enfermidades da pel. Principios xerais de terapéutica dermatolóxica tópica. Infeccións bacterianas, micóticas, parálise da pel.

Tema 29. Paludismo. Febre tifoidea.

Tema 30. Insuficiencia cardíaca, arritmias, patoloxía coronaria.

Tema 31. Varices, flebite, claudicación intermitente.

Tema 32. Neuralxias. Patoloxía reumática.

Tema 33. Anamnese e exploración do paciente respiratorio. Insuficiencia respiratoria aguda. Síndrome do estrés respiratorio do adulto.

Tema 34. Obstruccións do fluxo aéreo. Branquectasia. Atelectasia. Pneumonía. Enfermidades da pleura.

Tema 35. Enfermidades por inmunodeficiencia. Reaccións de hipersensibilidade. Trastornos debidos á hipersensibilidade.

Tema 36. Alcoholismo. Etilismo agudo, delirium tremens. Drogodependencia a bordo.

Tema 37. Enfermidades corentenais: peste, cólera, febre marela. A súa prevención. Diagnóstico e tratamento.

Tema 38. Patoloxía psiquiátrica a bordo. Urxencias psiquiátricas.

Tema 39. Síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Tema 40. Composición e conservación das caixas de urxencias a bordo. Redacción e emisión da mensaxe radio-médica.

Tema 41. Patoloxía adquirida na práctica do mergullo: enfermidade descompresiva; sobreexpansión pulmonar. Tratamento.

Tema 42. Risco de electrocución. Efectos sobre o corpo humano. Sistemas preventivos.

Tema 43. Seguridade nos procesos de soldadura: riscos, equipos protectores.

Tema 44. Seguridade dos elementos de amarre, cabos e cables. Riscos do seu uso. Resistencia e coeficientes de seguridade.

Tema 45. Traballo con equipos a presión. Traballo con máquinas especiais. Riscos e prevencións.

Tema 46. Manutención mecánica e manual. Cintas transportadoras, carretas elevadoras. Carga de pesos: o seu risco e a súa prevención. Caídas: tipos, riscos, prevención.

Tema 47. Condicións ambientais no posto de traballo. Iluminación, ventilación, ruídos e vibracións, estrés térmico.

Temario específico da especialidade de inglés marítimo

Tema 1. Fonética. Dimensións dos buques. Ordes ó temoneiro e á máquina.

Tema 2. O nome: clases. Nomenclatura das partes principais dun buque.

Tema 3. O número dos nomes. Clasificación dos buques segundo os servicios que realizan.

Tema 4. O xénero dos nomes. O xenitivo saxón. A sala de máquinas: partes principais.

Tema 5. O artigo. A tripulación.

Tema 6. Adxectivo calificativo. Documentación a bordo dos buques.

Tema 7. Comparación dos adxectivos. Persoas que teñen relación cos buques.

Tema 8. Adxectivos posesivos, demostrativos, numerais, multiplicativos e interrogativos. Nomenclatura de cabos e nós.

Tema 9. Pronomes persoais, posesivos e demostrativos. Partes meteorolóxicos. Avisos ós navegantes.

Tema 10. Pronomes reflexivos, interrogativos e relativos. Áncoras e cadeas. Molinete. Fondeo.

Tema 11. Adxectivos e pronomes indefinidos. Compostos de SOME, ANY, EVERY e NO. Código internacional de bandeiras.

Tema 12. Verbos auxiliares. Nomenclatura do material de salvamento dos buques. Primeiros auxilios.

Tema 13. O verbo: modos e tempos. Frases usadas nas manobras de atracada e desatracada. Cabos de amarre.

Tema 14. Verbos regulares e irregulares. Documentación para o despacho dun buque.

Tema 15. A voz pasiva. Abreviaturas e símbolos utilizados nas cartas de navegación.

Tema 16. Verbos anómalos ou especiais: características xerais. Artes e aparellos de pesca.

Tema 17. O subxuntivo. Equipo contraincendios dun buque.

Tema 18. Formas non persoais do verbo. Expresións usuais referentes ó calado do buque. Disco Plimsoll.

Tema 19. O imperativo. Partes principais dun motor Diésel mariño. O eixe de cola.

Tema 20. Verbos frasais e preposicionais. Ventos. Escala de Beaufort. Estado da mar: escala de Douglas.

Tema 21. Respostas curtas. Uso de SO máis un auxiliar cun significado de ALSO. Preguntas engadido. Inspeccións a bordo dos buques. Equipamento, respectos e provisións.

Tema 22. O adverbio. Nomenclatura sobre aparellos, cordame, enxarcias firmes e de labor.

Tema 23. Comparación dos adverbios. Posición destes mesmos na oración. Expresións para indica-la posición e a dirección a bordo. Nomenclatura das distintas cubertas e anteparos dun buque.

Tema 24. Diferencia entre os adverbios ALREADY e YET. Entre STILL e YET. Uso de AGO, QUITE, TOO, ALSO, ELSE, JUST e EVER. Bodegas e zapóns dos buques. Os tanques.

Tema 25. A preposición. Expresións no manexo da carga, quinches, etc. O coñecemento de embarque.

Tema 26. A conxunción. Redacción dun manifesto e dunha protesta de mar.

Tema 27. Interxeccións. Frases exclamatorias. Frases de relativo. Nomenclatura relativa á póliza «average bond» e á póliza de fletamento «time charter».

Tema 28. Verbo TO HAVE. Nomenclatura sobre a obra viva e a obra morta.

Conservación e provisións de cuberta.

Tema 29. A oración simple. A forma impersoal en inglés. O taller de a bordo.

Tema 30. Formas de expresa-la negación en inglés. Clases de preguntas. As diferentes axudas á navegación. Publicacións náuticas.

Tema 31. A oración composta: oracións xustapostas e coordinadas. Embarcacións menores. Partes dun bote.

Tema 32. Oracións subordinadas. Nomes das especies de peixes e mariscos comerciais máis comúns.

Tema 33. Oracións condicionais. Diferentes buques de pesca e a súa nomenclatura.

Tema 34. O estilo indirecto. Diferencias entre TO TELL e TO SAY. Vocabulario IMO: xeneralidades e comunicacións.

Tema 35. Formación de palabras. Vocabulario IMO: avisos de perigo.

Tema 36. O presente: presente simple e continuo. Vocabulario IMO: auxilio.

Tema 37. O pasado: simple e continuo. Vocabulario IMO: fondeo.

Tema 38. O futuro. O futuro inmediato. Vocabulario IMO: chegadas, atracadas e saídas.

Tema 39. O pretérito perfecto. Vocabulario IMO: manobras.

Tema 40. Tempos compostos. Vocabulario IMO: practicaxe e remolcadores.

Tema 41. O condicional.

Vocabulario IMO: o tempo. Visibilidade.

Tema 42. O verbo TO BE. O impersoal THERE TO BE. Vocabulario IMO: rumbo, velocidade, calado e altura.

Tema 43. CAN e MAY: usos. TO BE ABLE e TO BE ALLOWED. Vocabulario IMO: situación. Mareas.

Tema 44. MUST, OUGHT TO e SHOULD. TO HAVE TO. Vocabulario IMO: pesca. Helicópteros.

Tema 45. SHALL, WILL, DARE, NEED e USED TO. Regulamento de abordaxes: parte xeral e regras de goberno.

Tema 46. A pronunciación en inglés. A puntuación. Regulamento de abordaxes: luces e marcas.

Tema 47. Historia da lingua inglesa. Regulamento de abordaxes: sinais fónicos e de néboa.

Temario específico da especialidade de física

Tema 1. Magnitudes físicas. Magnitudes escalares e vectoriais. Medidas. Sistemas de unidades. Dimensións.

Tema 2. Vectores. Álxebra de vectores. Sistemas de referencia. Vectores en coordenadas rectangulares.

Tema 3. Estática. Principios fundamentais da estática. Equilibrios.

Tema 4. Centro de gravidade.

Tema 5. Movemento nunha dimensión. Cinemática do movemento rectilíneo. Caída libre. Tiro vertical.

Tema 6. Movemento en dúas dimensións. Desprazamento, velocidade e aceleración. Movemento circular.

Tema 7. Movemento de proxectís. Cinemática do movemento de proxectís.

Tema 8. Movemento relativo. Sistemas de referencias inerciais. Velocidade e aceleracións relativas.

Tema 9. Dinámica do punto material. Principios fundamentais da dinámica. Impulso e cantidade de movemento.

Tema 10. Dinámica do movemento circular. Forza centrípeta. Pseudoforzas. O péndulo cónico.

Tema 11. Traballo e enerxía. Enerxía cinética. Potencia. Teorema do traballo e a enerxía.

Tema 12. A conservación da enerxía. Forzas conservativas. Enerxía potencial. Forzas non conservativas.

Tema 13. Choques: concepto de choque. Choque elástico. Choque inelástico.

Tema 14. Movemento oscilatorio. Oscilacións. O oscilador harmónico simple. Movemento oscilatorio harmónico simple. Relación entre o movemento harmónico simple e o movemento circular uniforme.

Tema 15. Consideracións enerxéticas no movemento harmónico simple. Enerxía potencial. Enerxía cinética. Enerxía total.

Tema 16. Combinación de movementos harmónicos simples. Composición de movementos oscilatorios de igual dirección. Composición de movementos oscilatorios perpendiculares entre si.

Tema 17. Rozamentos: rozamento por esvaramento. Rozamento de rodadura.

Tema 18. Dinámica do movemento de rotación. Momento dunha forza. Momento de inercia. Impulso angular e momento cinético. Lei fundamental da dinámica de rotación.

Tema 19. Enerxía rotacional. Enerxía cinética rotacional. Traballo e potencia. Enerxía dun obxecto que xira e se traslada ó mesmo tempo.

Tema 20. O xiróscopo. Movementos do xiróscopo. Aplicacións.

Tema 21. Campo gravitatorio terrestre. O campo gravitacional. Lei de gravitación universal. As leis de Kepler.

Tema 22. Movementos baixo a acción da gravidade. Péndulo simple. Péndulo composto.

Tema 23. Elasticidade. Lei de Hooke. Elasticidade por tracción, compresión, flexión, torsión e cisalladura. Módulo de Young.

Tema 24. Máquinas simples. Rendemento. Vantaxe mecánica.

Tema 25. Máquinas compostas. Rendemento. Vantaxe mecánica.

Tema 26. Transmisión do movemento de rotación. Transmisións por correa. Transmisións por fricción. Engrenaxes.

Tema 27. Piñón e roda. Relación entre o paso, radio e número de dentes. Relación entre as velocidades de dúas rodas engrenadas. Parafuso sen fin.

Tema 28. Estática de fluídos. Concepto de fluído. Propiedades. Principio de Arquímedes. Principio de Pascal. Densidade. Peso específica.

Tema 29. Dinámica de fluídos. Fluídos en movemento. Principio de continuidade. Teorema de Bernouilli.

Tema 30. Aplicacións do teorema de Bernouilli. Efecto Venturi. Tubo de Piot. Teorema de Torricelli. Réxime laminar e réxime turbulento. Viscosidade. Número de Reynolds.

Tema 31. Aerostática. Presión atmosférica. Barómetros. Lei de Boyle-Mariotte. Manómetros. Aplicacións.

Tema 32. Temperatura. Escalas termométricas. Termómetros.

Tema 33. Dilatación de sólidos.

Tema 34. Dilatación de líquidos. Dilatación de gases.

Tema 35. Calorimetría. Calor. Calor específica. Principio das mesturas.

Tema 36. Cambios de estado. Temperatura e cambios de estado. Gráfica de quecemento dunha substancia pura. Interpretación cinética dos cambios de estado.

Tema 37. Transmisión de calor: transmisión de calor por conducción. Transmisión de calor por convección. Transmisión de calor por radiación. Lei de Fourier. Lei de Newton. Lei de Stefan-Boltzmann.

Tema 38. Leis dos gases. Gases ideais. Lei de Boyle-Mariotte. Lei de Charles-Gay Lussac. Lei dos gases ideais.

Tema 39. Gases reais. Características. Ecuación de Van der Waals.

Tema 40. Principios da termodinámica.

Tema 41. Transformacións termodinámicas dun gas ideal. Transformacións isotérmicas. Transformacións isocóricas. Transformacións isobáricas. Transformacións adiabáticas.

Tema 42. O son: ondas sonoras: propagación, recepción, intensidade. Reverberación. Campo acústico. Campos de audición. Ultrasóns. Infrasóns. Aplicacións.

Tema 43. Natureza e propagación da luz.

Tema 44. Óptica xeométrica. Reflexión. Refracción.

Tema 45. Instrumentos ópticos.

Tema 46. Modelos atómicos. O átomo. O átomo de Thomson. O átomo de Rutherford. O átomo de Bohr. Modificacións de Sommerfeld ó átomo de Bohr. Espectros.

Tema 47. O núcleo atómico. Radiactividade.

Temario específico da especialidade de formación humanística

Tema 1. Influencia da xeografía no comportamento dos pobos. O espacio político: país, estado, nación.

Tema 2. Os modelos de producción e consumo no mundo. Zonas de influencia e cambios actuais.

Tema 3. Comercio exterior. Sistemas comerciais. Cara ó mercado único.

Tema 4. Paisaxes agrarias do mundo. Zonas de producción. Materias primas.

Tema 5. A nova distribución territorial española. As autonomías.

Tema 6. A Constitución de 1978. Aspectos máis importantes.

Tema 7. España e Latinoamérica. Relacións socio-económicas e políticas.

Tema 8. España na Comunidade Europea.

Tema 9. Os recursos industriais españois: fases, crises e cambios.

Tema 10. O espacio urbano en España: estructura e crecemento.

Tema 11. Evolución da poboación española.

Tema 12. Os transportes en España: problemas. O turismo.

Tema 13. A crise actual do mundo socialista.

Tema 14. A prehistoria.

Tema 15. O mundo clásico: base cultural e institucións.

Tema 16. O neolítico na península Ibérica.

Tema 17. O feudalismo.

Tema 18. O nacemento da burguesía na Idade Media.

Tema 19. O pensamento ilustrado.

Tema 20. A revolución americana.

Tema 21. A revolución francesa.

Tema 22. As revolucións liberais e o auxe dos nacionalismos.

Tema 23. O proceso de unidade europea: antecedentes e problemas.

Tema 24. A Primeira Guerra Mundial.

Tema 25. A revolución rusa.

Tema 26. Período de entreguerras. A crise de 1929.

Tema 27. A Segunda Guerra Mundial.

Tema 28. A Segunda República e a Guerra Civil española.

Tema 29. A guerra fría.

Tema 30. A transición democrática española.

Tema 31. A orixe do ser humano: distintas teorías.

Tema 32. Os grupos estratificados: clases, castas e minorías.

Tema 33. Totalitarismos e democracias.

Tema 34. O románico: características xerais.

Tema 35. O nacionalismo galego.

Tema 36. Estudio dun espacio: as rías galegas.

Tema 37. Destrucción e conservación do medio ambiente. Problemas actuais.

Tema 38. As relacións laborais en España: organización empresarial e sindicatos.

Tema 39. Colonización da América española: séculos XVI, XVII e XVIII.

Tema 40. O reparto colonial do mundo a fins do século XIX.

Tema 41. Os medios de comunicación: cine, radio, televisión e prensa.

Tema 42. Pensamento no século XX: distintas escolas.

Tema 43. O Camiño de Santiago.

Tema 44. Santiago de Compostela e a súa catedral.

Tema 45. O ser humano como ser social.

Tema 46. A revolución industrial e social.

Tema 47. O proceso de hominización.

Temario específico da especialidade de lingua e literatura española

Tema 1. Linguaxe e comunicación. Sistemas de comunicación lingüísticos e non lingüísticos.

Tema 2. A linguaxe verbal. Estructuración. Funcións.

Tema 3. Disciplinas lingüísticas. Fonética. Fonoloxía. Morfoloxía. Semántica.

Tema 4. Sistema fonolóxico do español. Fonemas. Sons. Letras.

Tema 5. A sílaba. Unidade da palabra na escritura. Grupos vocálicos. Acento e entoación.

Tema 6. Ortografía. Puntuación. Emprego da diérese. Emprego das maiúsculas. Emprego do B e do V. Emprego do M. Emprego do G e do J. Regras xerais de acentuación.

Tema 7. O léxico español. Estructura das palabras. Formación de palabras.

Tema 8. A oración simple. Estructura. Modalidades.

Tema 9. O suxeito da oración. O substantivo e as súas funcións.

Tema 10. O pronome: clases. O pronome SE e as súas diferentes funcións.

Tema 11. Os adxuntos ó núcleo do sintagma nominal (I). Determinantes.

Tema 12. Os adxuntos ó núcleo do sintagma nominal (II). Adxectivo. Funcións.

Tema 13. O predicado e o seu núcleo. O verbo. Accidentes. Clases. Perífrases verbais.

Tema 14. O predicado e os seus complementos. O adverbio.

Tema 15. Sintaxe da oración composta. Coordinación e xustaposición. Subordinación.

Tema 16. A oración composta: proposicións substantivas e adxectivas.

Tema 17. A oración composta: proposicións subordinadas adverbiais.

Tema 18. Orixes do español. A súa expansión e difusión actuais. Variedades xeográficas e sociais.

Tema 19. Tipos e formas de discurso na comunicación oral e escrita.

Tema 20. Función literaria da lingua. Textos literarios e non literarios. Recursos estilísticos.

Tema 21. Xéneros literarios. Narrativa. Lírica. Dramática. Oratoria. Didáctica.

Tema 22. A versificación española.

Tema 23. A Idade Media. A lingua e a literatura española no seu contexto histórico.

Tema 24. Orixes da lírica peninsular. Características e desenvolvemento da lírica española na Idade Media.

Tema 25. A épica medieval. Os cantares de xesta. O Cantar de Mío Cid.

Tema 26. O Mester de Clerecía nos séculos XIII e XIV. Berceo. O Arcipreste de Hita.

Tema 27. Lírica culta e lírica popular no século XV. Os cancioneiros. Manrique. O Romanceiro.

Tema 28. A prosa medieval. Alfonso X. Don Juan Manuel.

Tema 29. Orixes do teatro medieval. O teatro no século XV. A Celestina.

Tema 30. Século XVI. A lingua e a literatura no seu contexto histórico.

Tema 31. A lírica no século XVI. Garcilaso. Frai Luis de León. San Juan de la Cruz. Santa Teresa.

Tema 32. A narrativa no século XVI. El Lazarillo de Tormes.

Tema 33. El Quijote. A novela picaresca. Outro tipo de novelas.

Tema 34. O século XVII. A lingua e a literatura española no seu contexto histórico. O Barroco. Conceptismo e culteranismo.

Tema 35. O Barroco. Góngora e Quevedo.

Tema 36. O teatro barroco. Lope de Vega. Calderón de la Barca. Tirso de Molina.

Tema 37. Século XVIII. A lingua e a literatura española no seu contexto histórico.

Tema 38. Poesía, teatro e prosa no século XVIII.

Tema 39. Século XIX. A lingua e a literatura española no seu contexto histórico.

Tema 40. Poesía, prosa e teatro románticos.

Tema 41. A novela española na segunda metade do século XIX. Galdós. Clarín.

Tema 42. A poesía na segunda metade do século XIX.

Tema 43. Século XX. A lingua e a literatura no seu contexto histórico.

Tema 44. O Modernismo. A Xeración do 98.

Tema 45. O grupo poético do 27. O ensaio na primeira metade do século XX.

Tema 46. Teatro e narrativa española na primeira metade do século XX.

Tema 47. Teatro e narrativa española a partir de 1940.

Temario específico da especialidade de lingua e literatura galega

Tema 1. O proceso da comunicación e as súas variedades. Funcións da linguaxe. Lingua e fala. Sincronía e diacronía. A gramática: sintaxe e fonoloxía.

Tema 2. Historia externa do galego: a perda da normalidade e o camiño da recuperación. O galego, lingua románica. Influencia das linguas anteriores e posteriores á romanización.

Tema 3. A realidade actual da lingua galega. O conflicto lingüístico. O marco legal. Interferencias lingüísticas co castelán.

Tema 4. O dominio lingüístico galego. Unidade e variedade do galego. Bloques e áreas lingüísticas.

Tema 5. O sistema fonolóxico galego: sistema vocálico e sistema consonántico. A sílaba. O acento, os signos e convencións gráficas.

Tema 6. O substantivo e o artigo.

Tema 7. O adxectivo.

Tema 8. O pronome persoal: formas, funcións e usos. O pronome átono.

Tema 9. Os posesivos, os demostrativos e os exclamativos.

Tema 10. Os relativos, os numerais e os indefinidos.

Tema 11. O verbo: estructura xeral (I). Descrición morfolóxica. Persoa e número. A concordancia.

Tema 12. O verbo: estructura xeral (II). Formas infinitivas: infinitivo, xerundio e participio. As perífrases verbais.

Tema 13. O verbo: estructura xeral (III). O modo. Valores e funcións dos tempos.

Tema 14. O adverbio e a interxección.

Tema 15. A preposición e a conxunción .

Tema 16. As unidades sintácticas: oración, cláusula, frase e palabra.

Tema 17. As funcións sintácticas do esquema oracional: o predicado. Clasificación das oracións segundo a natureza do predicado.

Tema 18. O modo da enunciación oracional. A afirmación. A negación. A dúbida. A interrogación. A exclamación.

Tema 19. As oracións simples e as oracións coordinadas.

Tema 20. As oracións subordinadas substantivas.

Tema 21. As oracións subordinadas adxectivas e adverbiais.

Tema 22. Formación de palabras. A derivación: prefixación e sufixación. A composición. A parasíntese.

Tema 23. O campo semántico. Sinonimia e antinomia. Homonimia e polisemia. Denotación e connotación. O eufemismo.

Tema 24. Elementos constitutivos do galego: voces patrimoniais, semicultismos e cultismos. Enriquecemento do léxico con elementos de orixe non latina.

Tema 25. A lírica. A lírica galego-portuguesa. A cultura dos trobadores: orixes e características. Ambito xeográfico, social e temporal. Música. Autores e intérpretes.

Tema 26. Os cancioneiros primitivos, códices e edicións: cantigas de amor.

Tema 27. Os cancioneiros primitivos, códices e edicións: cantigas de amigo.

Tema 28. Os cancioneiros primitivos, códices e edicións: cantigas de escarnio e maldicir.

Tema 29. A literatura narrativa relixiosa medieval. Alfonso X e as Cantigas de Santa María.

Tema 30. A prosa galega medieval. A decadencia da literatura galega e as súas causas.

Tema 31. O rexurdimento da literatura galega. O Romanticismo. Os precursores de Rosalía.

Tema 32. Vida e obra de Rosalía de Castro: Cantares gallegos e Follas Novas.

Tema 33. Vida e obra de Eduardo Pondal.

Tema 34. Vida e obra de Manuel Curros Enríquez.

Tema 35. A producción literaria galega de autores coetáneos de Rosalía, Pondal e Curros.

Tema 36. A literatura galega posrenacentista: Noriega Varela e outros.

Tema 37. A literatura galega na transición ó século XX. Vida e obra de Ramón Cabanillas.

Tema 38. A apertura de novos horizontes. Vida e obra de Ramón Otero Pedrayo.

Tema 39. O grupo NÓS. Vida e obra de Vicente Risco.

Tema 40. O grupo NÓS. Vida e obra de Alfonso Rodríguez Castelao.

Tema 41. Rafael Dieste e outros prosistas e dramaturgos da preguerra e da inmediata posguerra. A actividade literaria galega no exilio.

Tema 42. A prosa da posguerra. Vida e obra de Álvaro Cunqueiro.

Tema 43. A prosa da posguerra. Vida e obra de Eduardo Blanco Amor.

Tema 44. A nova narrativa da posguerra: Méndez Ferrín, Xohan Casal, Carlos Casares, Xohana Torres, Neira Vilas, etc.

Tema 45. A poesía de Celso Emilio Ferreiro e de Antón Tovar Bobillo.

Tema 46. A promoción de poetas dos 50. Das Festas Minervais ó grupo Brais Pinto.

Tema 47. A prosa galega desde o ano 1975 ata hoxe. Alfredo Conde, Victor Freixanes, Xavier Alcalá, X. Fernández Ferreiro e outros.

Temario específico da especialidade de educación física

Tema 1. A educación física no sistema educativo.

Tema 2. Evolución dos contidos da educación física.

Tema 3. Estructuración dos obxectivos da educación física. As taxonomías dos obxectivos.

Tema 4. Características psicolóxicas do adolescente no ámbito da educación física.

Tema 5. Sistemática do exercicio físico. Clasificación.

Tema 6. Os sistemas naturais. Evolución, aspectos e directrices didácticas.

Tema 7. Os sistemas analíticos. Evolución, aspectos técnicos e didácticos.

Tema 8. Os sistemas rítmicos. Evolución, aspectos técnicos e didácticos.

Tema 9. O desenvolvemento da habilidade motriz: fases.

Tema 10. Habilidade, destreza e tarefa motriz. Clasificacións xerais das tarefas motrices.

Tema 11. A habilidade motriz. Os distintos mecanismos (precisión, execución e control do movemento).

Tema 12. Os métodos de ensino na educación física: principios, tendencias e clasificacións.

Tema 13. Instrucción directa. Reproducción de modelos.

Tema 14. O ensino mediante a busca. Resolución de problemas.

Tema 15. A condición física. Evolución das tendencias.

Tema 16. Os obxectivos do acondicionamento físico. Directrices.

Tema 17. Os principios metodolóxicos do acondicionamento (sobrecarga, proposición, especialidade, etc.).

Tema 18. A adaptación ó esforzo físico.

Tema 19. O sistema aeróbico e anaeróbico de achega enerxética.

Tema 20. Factores que interveñen no traballo de acondicionamento físico (intensidade, duración, volume, repeticións).

Tema 21. A resistencia. Consideracións teóricas. Desenvolvemento. Medios.

Tema 23. A velocidade. Consideracións teóricas. Desenvolvemento. Metodoloxía.

Tema 24. A flexibilidade. Consideracións teóricas. Desenvolvemento. Metodoloxía.

Tema 25. Proceso evolutivo das cualidades físicas. Idades óptimas para o seu desenvolvemento.

Tema 26. A periodización do acondicionamento físico. Plan semanal, a sesión de traballo.

Tema 27. Concepto de deporte. O deporte como medio educativo. A iniciación deportiva.

Tema 28. Os deportes individuais. Características básicas, aspectos e tácticas.

Tema 29. Os deportes de adversario. Didáctica aplicada.

Tema 30. Os deportes colectivos. Características básicas, aspectos e tácticas.

Tema 31. A forza. Consideracións teóricas. Desenvolvemento e metodoloxía.

Tema 32. O equilibrio: concepto e clases. Factores que interveñen no equilibrio.

Tema 33. A coordinación: concepto e clases de coordinación. Procesos adoptados na función motora.

Tema 34. O exercicio físico: aspectos estructurais e tipos de movementos.

Tema 35. Concepto e clase de avaliación da condición física.

Tema 36. Obxectivos da avaliación da condición física.

Tema 37. Datos e requisitos que ten que reunir un test.

Tema 38. Vantaxes das probas de avaliación da condición física. Frecuencia na súa aplicación.

Tema 39. Exemplos de tests motores.

Tema 40. A relaxación: concepto, desenvolvemento e metodoloxía.

Tema 41. O entrenamento autóxeno de Schultz.

Tema 42. A relaxación progresiva de Edmund Jacobson.

Tema 43. Primeiros auxilios. Conceptos básicos de intervención.

Tema 44. A nutrición. Principios nutritivos e exercicio.

Tema 45. A educación física na Historia: Prehistoria, antigüidade e Idade Media.

Tema 46. A educación física na Historia: Renacemento e Idade Contemporánea.

Tema 47. O olimpismo.

Temario específico da especialidade de cultivos mariños

Tema 1. Os ecosistemas mariños. Características xerais. Subdivisión do medio mariño segundo factores topográficos, batimétricos e lumínicos.

Tema 2. Características fisicoquímicas da auga do mar.

Tema 3. Dinámica mariña: ondas, mareas, correntes e afloramentos. A súa influencia nos seres vivos.

Tema 4. Características xeográficas das rías galegas. Circulación estuárica. Dinámica das rías galegas.

Tema 5. Producción primaria. Os seus factores reguladores e limitantes.

Tema 6. Comunidades mariñas: cadeas tróficas. Ciclos de materia e enerxía no mar.

Tema 7. A contaminación como factor de alteración. Diferentes tipos de contaminación e os seus efectos.

Tema 8. A acuicultura mariña no mundo. Situación na actualidade, tendencias e perspectivas. Principais especies cultivadas. Tipos e técnicas de cultivo.

Tema 9. A acuicultura mariña en España. Situación actual, tendencia e perspectivas. Principais especies cultivadas. Tipos e técnicas de cultivo.

Tema 10. Sistemas de cultivo: intensivo e extensivo. Características de cada un.

Tema 11. Selección de lugares para instalacións de acuicultura mariña. Factores que hai que considerar.

Tema 12. O tratamento da auga nos criadeiros e instalacións de producción de especies mariñas. Medidas profilácticas xerais e particulares.

Tema 13. O criadeiro de especies mariñas. Características e instalacións xerais. O criadeiro de moluscos. O criadeiro de peixes.

Tema 14. Sistemas de engorde de moluscos. As súas instalacións e técnicas. Sistemas de engorde de peixes. Instalacións e técnicas.

Tema 15. O marisqueo en Galicia. Características definitorias. Principais especies explotadas ( moluscos e crustáceos ). Métodos de captura.

Tema 16. A ordenación da explotación dos bancos naturais de moluscos. Bases biolóxicas dos diferentes sistemas de regulación.

Tema 17. Anatomía e fisioloxía das principais especies ou familias de moluscos bivalvos. A súa influencia e aplicación nas técnicas de producción en criadeiro e o seu cultivo.

Tema 18. Anatomía e fisioloxía dos peixes. A súa influencia nas técnicas de producción de crías e no cultivo.

Tema 19. Bioloxía de crustáceos de interese para a acuicultura. Características xerais. Sistemática. Factores biolóxicos que inflúen na súa producción e cultivo.

Tema 20. Cultivo de crustáceos auxiliares na acuicultura. Copépodos, harpacticoides e calanoides. Bioloxía e técnicas de cultivo. Cultivo da artemia: as súas técnicas. Calidade nutritiva e enriquecemento.

Tema 21. Bioloxía e cultivo de rotíferos. Reproducción. Técnicas de cultivo. Calidade nutritiva e enriquecemento.

Tema 22. As especies de fitoplancto auxiliares en acuicultura. Instalacións e equipamento para o cultivo de fitoplancto.

Tema 23. Cultivo de fitoplancto en pequenos e grandes volumes.

Tema 24. Cultivo de algas macrófitas.

Tema 25. Reproducción, acondicionamento e inducción á posta en catividade de moluscos bivalvos de interese comercial en Galicia.

Tema 26. Cultivo larvario de bivalvos en criadeiro.

Tema 27. Cultivo do mexillón. Métodos empregados. Situación actual do cultivo en Galicia e perspectivas.

Tema 28. Cultivo de ostreidos. Especies cultivadas en Galicia. Situación actual e perspectivas.

Tema 29. Cultivo de pectínidos. Especies cultivadas en Galicia. Situación actual e perspectivas.

Tema 30. Cultivo de venéridos. Principais especies explotadas en Galicia. Situación actual e perspectivas.

Tema 31. Sistemas de cultivo de crustáceos decápodos mariños. Técnicas, instalacións e equipamentos.

Tema 32. Cultivo larvario de decápodos mariños. Métodos, técnicas, instalacións e equipamentos.

Tema 33. Engorde de crustáceos mariños. Posible importancia en Galicia.

Tema 34. Técnicas de estabulación e mantemento de crustáceos decápodos. Parámetros fisicoquímicos. Alimentación.

Tema 35. Reproducción, posta, incubación e desenvolvemento embrionario dos peixes mariños cultivados.

Tema 36. Cultivo larvario e desteta en peixes mariños cultivados.

Tema 37. Preengorde e engorde de peixes mariños en cultivo. Requirimentos nutritivos. Manexo do alimento e estratexias alimentarias.

Tema 38. Cultivo do rodaballo. Reproducción, cultivo larvario e engorde.

Tema 39. Cultivo de salmónidos. Especies cultivadas en España e Galicia. Sistemas e técnicas empregadas.

Tema 40. Cultivo doutras especies de interese en España e Galicia. Situación dos cultivos, tendencias e perspectivas.

Tema 41. Requirimentos nutritivos nos peixes mariños. Técnicas de preparación de pensos para o cultivo de peixes mariños.Formulación de pensos experimentais. Patoloxía da nutrición.

Tema 42. Ictiopatoloxía. Principais enfermidades bacterianas e víricas dos peixes mariños cultivados. Técnicas de diagnóstico e terapia.

Tema 43. Patoloxía dos moluscos bivalvos cultivados. Métodos de loita.

Tema 44. Control sanitario e depuración de moluscos bivalvos. Técnicas e instalacións. Lexislación aplicable.

Tema 45. Mareas vermellas, descrición do fenómeno. Organismos implicados. Tipos de toxicidade. Consecuencia nos cultivos mariños. Control de mareas vermellas en Galicia.

Tema 46. Xenética aplicada en acuicultura.

Tema 47. Lexislación básica española e autonómica sobre a acuicultura mariña. Normativa comunitaria relativa ás augas de cultivo.

Temario específico da especialidade de pesca maritima

Tema 1. Utensilios de pesca: as súas clases.

Tema 2. Materiais utilizados na pesca: clasificación e propiedades.

Tema 3. Sistema de numeración de fíos: distintos sistemas internacionais e a súa conversión.

Tema 4. Principais propiedades das fibras na industria pesqueira.

Tema 5. Elección e combinación de materiais para utilizar nas distintas artes.

Tema 6. Xeneralidades sobre cables que se utilizaran na pesca.

Tema 7. Mallas e as súas características.

Tema 8. Panos e técnicas de confección dos diferentes panos.

Tema 9. Aparellos: as súas clases.

Tema 10. Pesca de cerco: xeneralidades.

Tema 11. Pesca con artes de enmalle: xeneralidades.

Tema 12. Pesca con artes de arrastre: xeneralidades.

Tema 13. Portas de arrastre: diferentes tipos.

Tema 14. Portas de arrastre: forzas que actúan sobre elas e o seu efecto.

Tema 15. Instalación. Medición. Marcaxe dos cables, lonxitude de cable que se vai fiar e conservación.

Tema 16. Unión dos cables ás portas e instalación de pés de galo, calóns, ventos, flotadores, lastres. Conservación.

Tema 17. Potencia de arrastre: elementos básicos da arte de arrastre.

Tema 18. Relación entre separación de portas e abertura da rede.

Tema 19. Relevo submarino: influencia do relevo e natureza do fondo na pesca.

Tema 20. Rexións pesqueiras: características.

Tema 21. Localización de cardumes: cálculo da súa interpretación.

Tema 22. Manobras de pesca con artes de arrastre.

Tema 23. Manobras de pesca con artes de cerco.

Tema 24. Manobras de pesca con artes de enmalle.

Tema 25. Manobras de pesca con aparellos.

Tema 26. Consideracións xerais sobre a construcción de redes de arrastre.

Tema 27. Cartas de pesca. Interpretación, signos e abreviaturas.

Tema 28. Causas de traballo defectuoso dun conxunto de arrastre e formas de corrixilas.

Tema 29. Cálculo da resistencia das redes de arrastre.

Tema 30. Consideracións sobre as formas e tamaños das artes de arrastre.

Tema 31. Método da similitude para artes de arrastre: o seu cálculo.

Tema 32. Pesca electromagnética. Factores de influencia nesta clase de pesca.

Tema 33. Técnicas de captura con diferentes artes de pesca.

Tema 34. Descomposición do peixe. Conservación por deshidratación. Subproductos.

Tema 35. Diferentes métodos de conservación do peixe.

Tema 36. Mecanización de operacións pesqueiras.

Tema 37. Evolución das ffotas pesqueiras de acordo cos caladoiros e adiantos técnicos.

Tema 38. Técnicas de simulación pesqueira. Aplicación da tecnoloxía de percepción remota ás pesqueras mariñas.

Tema 39. Equipos de detección de pesca.

Tema 40. Portos pesqueiros.

Tema 41. A xeografía e a pesca. Importancia da pesca e a súa influencia nos distintos sectores que teñen que ver con ela.

Tema 42. Sistemas de pesca e estructura económica e social. Etapas histórico-económicas desta.

Tema 43. Incidencias sobre cada un dos factores económicos das distintas fases da explotación e das formas de levalas a cabo.

Tema 44. Organización dunha empresa pesqueira.

Tema 45. Administración e finanzas.

Tema 46. Lei da oferta e da demanda. Estudio de mercado.

Tema 47. Redes de comercialización e transporte.

Temario específico da especialidade de matemáticas

Tema 1. O conxunto dos números naturais. Propiedades.

Tema 2. Números enteiros. Sistemas de numeración. Propiedades.

Tema 3. Números primos. Descomposición factorial dun número.

Tema 4. O conxunto dos números racionais. Propiedades. Operacións.

Tema 5. Divisibilidade entre números enteiros. M.C.D. e M.C.M.

Tema 6. Potenciación e radicación de números naturais.

Tema 7. Operacións con números representativos de medidas angulares e de tempo.

Tema 8. Potencias de binomios y polinomios. Fórmula de Newton.

Tema 9. Aproximación ás raíces reais dunha ecuación alxebraica con coeficientes reais.

Tema 10. Ecuación de segundo grao. Cálculo con radicais.

Tema 11. Polinomios dunha indeterminada. Divisibilidade.

Tema 12. Exposición da idea de número. O numero complexo. Problemas que vén resolver. Aplicacións.

Tema 13. Estudio dalgunhas funcións elementais (lineal, cuadrática, polinómica, raíz, de proporcionalidade inversa). Situacións reais onde aparece.

Tema 14. A relación de semellanza no plano. Consecuencias. Teorema de Thales.

Tema 15. Xeometría do triángulo. Puntos e rectas notables. Relacións métricas. Teorema de Pitágoras.

Tema 16. Teorema de Pitágoras. Consecuencias.

Tema 17. Xeometría da circunferencia. Relacións métricas.

Tema 18. Teorema de Euler. Poliedros regulares.

Tema 19. Funcións exponencial e logarítmica.

Tema 20. Resolución logarítmica de triángulos rectángulos.

Tema 21. Trigonometría plana. Resolución de triángulos rectángulos.

Tema 22. Aplicacións prácticas da trigonometría plana. Orientación dun plano horizontal.

Tema 23. Relacións fundamentais e identidades na trigonometría. Angulos complementarios e suplementarios.

Tema 24. Razóns trigonométricas dun ángulo ou un arco en calquera cuadrante.

Tema 25. Razóns trigonométricas inversas.

Tema 26. Razóns trigonométricas de dous ángulos calquera.

Tema 27. Fórmula para sumas, diferencias e productos de ángulos.

Tema 28. Ecuacións trigonométricas.

Tema 29. Triángulos oblicuángulos. Resolución. Teorema do seno e do coseno.

Tema 30. Trigonometría esférica. Leves do seno e do coseno. Fórmulas.

Tema 31. Triángulos esféricos rectángulos. Triángulos esféricos oblicuángulos.

Tema 32. Cálculo vectorial, escalares e vectores.

Tema 33. Matrices e cálculos con matrices.

Tema 34. Resolución de sistemas de ecuacións lineais.

Tema 35. Ecuación da recta. Sistema de referencia no plano. Propiedades afíns: incidencia, intersección, paralelismo.

Tema 36. A circunferencia e a elipse. Ecuacións e propiedades.

Tema 37. A parábola e a hipérbola. Ecuacións e propiedades.

Tema 38. As cónicas. Ecuacións reducidas. Clasificación.

Tema 39. Concepto de límite. Aplicacións.

Tema 40. Continuidade de funcións dunha variable real.

Tema 41. Concepto de derivabilidade. Aplicacións e interpretacións físicas.

Tema 42. Cálculo de derivadas.

Tema 43. Integral definida: os seus cálculos.

Tema 44. Cálculo de áreas de recintos planos e de superficies de revolución.

Tema 45. Cálculo de volumes de corpos de revolución.

Tema 46. Estudio de funcións. Aplicación á súa representación gráfica.

Tema 47. Conxuntos. Álxebra de Boole.

Temario específico da especialidade de debuxo técnico

Tema 1. Rotulación normalizada. Liñas empregadas no debuxo.

Tema 2. Representación das pezas. Liñas vistas e ocultas. Vistas principais. Vistas necesarias. Aplicacións.

Tema 3. Formatos normalizados. Dimensións. Series. Listas de despezamento.

Tema 4. Croquización. Papeis que se van empregar. Proceso. Normativa.

Tema 5. Acotación. Regras xerais.

Tema 6. Acotación segundo o proceso de traballo. Acotación funcional.

Tema 7. Cortes e seccións. Normativa e particularidades. Seccións parciais.

Tema 8. Roturas. Xeneralidades. Representación de corpos macizos e ocos. Aplicacións.

Tema 9. Signos de traballo. Indicacións escritas.

Tema 10. Conicidade, converxencia e inclinación.

Tema 11. Tolerancias: conceptos fundamentais.

Tema 12. Tolerancias: sistemas; axustes.

Tema 13. Roscas: xeneralidades; sistemas de roscas.

Tema 14. Roscas, parafusos e porcas. Representacións normalizadas.

Tema 15. Engrenaxes. Datos para consignar. Debuxos simplificados. Acotación.

Tema 16. Debuxos mecánicos. Debuxo de conxuntos mecánicos. Despezamento. Lista de pezas e materiais. Datos para consignar nos planos.

Tema 17. Orificios de centrado. Normalización para os debuxos. Entalladuras e abelanados.

Tema 18. Debuxos de caldeirería. Xeneralidades. Interseccións e desenvolvementos.

Tema 19. Debuxo e nomenclatura naval. Planos dun buque. Elementos estructurais.

Tema 20. Debuxo de circuítos e tuberías. Simboloxía normalizada. Datos e cálculos para a construcción dun circuíto de tuberías.

Tema 21. Perpendicularidade e paralelismo. Fundamentos. Xeneralidades. Estudio de segmentos. División.

Tema 22. Ángulos. Construccións fundamentais. Aplicacións. Divisións.

Tema 23. Triángulos. Construccións xerais e particulares. Estudio e elementos do triángulo. Aplicacións.

Tema 24. Cuadriláteros. Construccións xerais e particulares.

Tema 25. Polígonos regulares. Construccións exactas.

Tema 26. Polígonos. Construccións aproximadas. Métodos xerais de construcción. Estrelados de polígonos.

Tema 27. Estudio da circunferencia. División e rectificación da circunferencia. Estudio do arco.

Tema 28. Tanxencias entre rectas e circunferencias. Enlaces de rectas e curvas. Aplicacións.

Tema 29. Tanxencias entre circunferencias. Enlaces de curvas. Aplicacións.

Tema 30. Escalas gráficas. Proporcionalidade gráfica. Obtención de escalas. Escalas normalizadas. Aplicacións.

Tema 31. Óvalo, ovoide e espirais. Construccións.

Tema 32. Igualdade, simetría e semellanza. Equivalencia.

Tema 33. Elipse. Estudio da elipse. Construccións e aplicacións.

Tema 34. Parábola e hipérbola. Construccións. Aplicacións.

Tema 35. Cíclicas e envolventes. Estudio. Construccións particulares.

Tema 36. Sistemas de representación. Xeneralidades.

Tema 37. Sistema diédrico. Representacións fundamentais.

Tema 38. Estudio da recta e do punto. Posicións relativas. Representación de figuras planas.

Tema 39. Representación de cilindros, prismas e pirámides. Corpos sólidos.

Tema 40. Perspectiva cabaleira. Xeneralidades. Fundamentos.

Tema 41. Perspectiva cabaleira de figuras planas. Representación de circunferencias e polígonos.

Tema 42. Perspectiva cabaleira de corpos. Cilindros, prismas e pirámides. Representación de cortes.

Tema 43. Axonometría ortogonal. Proxeccións normalizadas. Debuxo isométrico. Aplicacións.

Tema 44. Representación no debuxo isométrico de corpos, cilindros, prismas e pirámides.

Tema 45. Debuxo isométrico de interseccións e cortes. Eixes cilíndricos e poligonais nas direccións X, Z e Y.

Tema 46. Aplicación do debuxo isométrico á construcción de tuberías e circuítos.

Tema 47. Deseño aplicado ó debuxo mecánico. Fundamentos. Debuxo asistido por ordenador (DAO). Xeneralidades. Aplicación das novas técnicas ó debuxo mecánico.

Temario específico da especialidade de formación e orientación laboral

Tema 1. O departamento de orientación. Funcións. O plan de orientación académica e profesional. Programas de intervención. Colaboración con organismos e institucións implicadas na orientación profesional.

Tema 2. Análise e avaliación do potencial profesional e dos intereses persoais, coñecementos, competencias e motivacións no proceso de autoorientación. Procedementos e instrumentos.

Tema 3. A información profesional na orientación. Concepto e método: busca, selección e tratamento da información. Sistemas e fontes para a información en orientación profesional e laboral.

Tema 4. Organización ocupacional do sistema productivo e orientación. Áreas ocupacionais e perfís profesionais. Itinerarios tipo. Elaboración dos itinerarios formativo-profesionalizadores no proceso de orientación.

Tema 5. O proceso de busca de emprego. A organización da busca. Fontes de información. O proceso de selección de persoal, técnicas e instrumentos. A habilidade emprendedora e o autoemprego.

Tema 6. O mercado de traballo. Distribución da poboación. Evolución da poboación en España. As políticas de emprego. Situación laboral de colectivos desfavorecidos. Profesións con futuro. Perspectivas no contorno laboral.

Tema 7. O liderato como rasgo de personalidade. A influencia dos líderes no marco da organización. Tipoloxías de liderato. Relacións de poder. A xerarquía na organización.

Tema 8. Os equipos de traballo. Dinámica de grupos. Técnicas de dinámica e dirección de grupos. Aplicación no contorno laboral. Dirección de reunións. Etapas para o desenvolvemento dunha reunión eficaz. A participación no equipo de traballo.

Tema 9. A motivación laboral. Definición, teorías e proceso de motivación. As necesidades do individuo. A motivación no contorno laboral. Diagnóstico e avaliación da motivación. As condicións de traballo e a motivación laboral. Técnicas de motivación laboral.

Tema 10. O dereito do traballo. O seu obxecto: traballo humano, productivo, por conta allea e libre. Fontes do dereito do traballo. A aplicación e interpretación das normas laborais. A xerarquía normativa e os principios de ordenación xerárquica na orde laboral.

Tema 11. A relación xurídico laboral no marco supranacional. O dereito comunitario europeo: as súas fontes; dereito orixinario e dereito derivado; os regulamentos, as directivas e as decisións. As funcións dos estados membros na aplicación do dereito comunitario. Outras normas supranacionais en materia laboral. A Organización Internacional do Traballo.

Tema 12. A profesión como realidade social. A configuración xurídica das profesións no ordenamento español. Bases constitucionais: o dereito á libre elección da profesión, a profesión regulada. A libre circulación dos traballadores e profesionais na Unión Europea: o dereito de establecemento e a libre prestación de servicios.

Tema 13. A relación laboral en España: ámbito e disposicións reguladoras. Organismos laborais: órganos da Administración laboral. Órganos autónomos: FOGASA, SMAC e outros. A xurisdicción social.

Tema 14. O contrato de traballo: concepto, elementos. Capacidade para contratar. Forma do contrato de traballo. Duración. Traballos excluídos e relacións especiais de traballo. O período de proba.

Tema 15. Modalidades de contratación: aprendizaxe, en prácticas, a tempo parcial, etc. O traballo

das mulleres, menores e estranxeiros. As axencias de colocación sen fins lucrativos. As empresas de traballo temporal.

Tema 16. Dereitos e deberes do traballador. O modo da prestación: deber de dilixencia. Categoría e clasificación profesional. O deber de boa fe. O poder de dirección do empresario: manifestacións e limitacións. O poder disciplinario: faltas, sancións e procedemento sancionador.

Tema 17. Prestación básica do traballador: tempo da prestación. Xornada, horas extraordinarias. Clases de xornadas e horarios. Descanso semanal, festas e permisos. Vacacións.

Tema 18. Prestación básica do empresario: salario. Conceptos. Clases. Lugar, tempo e forma de pagamento dos salarios. O salario mínimo interprofesional. Protección do salario.

Tema 19. Estructura do recibo de salarios: salario base, complementos salariais e prestacións extrasalariais. Deduccións. Determinación da base de cotización á Seguridade Social, da base suxeita a retención do IRPF. Liquidación de haberes.

Tema 20. Participación dos traballadores na empresa. Órganos de representación: delegados de persoal e comité de empresa. Procedemento electoral. Competencias. Garantías laborais, dereito de reunión.

Tema 21. Os sindicatos. A liberdade sindical. Funcionamento do sindicato. A acción sindical na empresa. Réxime xurídico sindical e tutela da liberdade sindical. As asociacións de empresarios.

Tema 22. Convenios colectivos: concepto e natureza xurídica. Unidades de negociación, lexitimación e vixencia. Procedemento negociador. Acordos de adhesión e actos de extensión. O contido do convenio colectivo. Interpretación. Acordos marco.

Tema 23. Modificación do contrato de traballo: mobilidade funcional, xeográfica e modificación das condicións de traballo. A subrogación empresarial: transmisión da empresa. Suspensión do contato de traballo: causas e efectos.

Tema 24. A extinción do contrato de traballo. Modalidades de extinción. O despedimento disciplinario. Concepto e natureza. Forma, tempo e lugar do despedimento. A cualificación do despedimento e os seus efectos xurídicos.

Tema 25. Conflictos individuais de traballo. A conciliación extraxudicial. Proceso ordinario: demanda, conciliación, xuízo e sentencia. Procesos especiais. Medios de impugnación: recurso de casación, de suplicación e revisión. Outros recursos.

Tema 26. Conflictos colectivos de traballo: clases e procedemento de solución. A folga: requisitos, desenvolvemento e efectos. O peche patronal.

Tema 27. A Seguridade Social en España. Normativa vixente e ámbito de aplicación. Estructura do sistema da Seguridade Social. O réxime xeral da Seguridade Social. Inscrición de empresas. Afiliación, altas e baixas. Cotización. Recadación. Acción protectora.

Tema 28. Situacións protexibles pola Seguridade Social. Concepto, requisitos e contía das prestacións económicas. O réxime especial de traballadores autónomos.

Tema 29. Os sistemas económicos e a economía de mercado. Estructuras de mercado e formas de competencia. O sistema de prezos: principios fundamentais. Os suxeitos ou unidades de decisión económica. Tipos básicos de axentes económicos. Os sectores económicos.

Tema 30. A empresa. Elementos. Obxectivos. Criterios de clasificación das empresas. As áreas funcionais da empresa.

Tema 31. A comunicación na empresa. Niveis, tipos e técnicas de comunicación. Etapas dun proceso de comunicación. A comunicación informal. Dificultades e barreiras comunicativas. Redes de comunicación. O control da información.

Tema 32. A negociación na empresa. Concepto e elementos. Tipos de negociación. Estratexias e tácticas de negociación. Fases dun proceso negociador. Personalidade dos negociadores. Conflicto e mediación. A solución de conflictos. Cualidades do mediador.

Tema 33. Resolución de problemas e toma de decisións no ámbito laboral: fases, avaliación de riscos e estratexias. Técnicas para fomenta-la creatividade, estudiar e resolver problemas.

Tema 34. A dirección na empresa. Estilos de dirección. As funcións de dirección. Habilidades de dirección. A autoridade na empresa. A delegación de autoridade. O mando intermedio na organización.

Tema 35. O proceso de creación dunha pequena empresa. Localización da empresa. Estudio do mercado e análise do sector. Elección da forma xurídica. Plan de viabilidade económica. Trámites legais para a constitución e posta en marcha. Subvencións.

Tema 36. A prevención de riscos laborais. Conceptos básicos. Normativa española e comunitaria. Outras disposicións.

Tema 37. Análise dos factores de risco laboral: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos. A súa incidencia na saúde.

Tema 38. O accidente de traballo. A orixe dos accidentes e a teoría da causalidade. Custos da siniestralidade laboral.

Tema 39. A enfermidade profesional: concepto legal e a súa problemática. Clasificación. Principais enfermidades profesionais.

Tema 40. Medidas de prevención e de protección dos riscos laborais: concepto, clases. Elaboración do mapa de riscos.

Tema 41. Etapas da acción preventiva. Inspeccións de seguridade: metodoloxía. Fase e tipoloxía da investigación de accidentes. Control estatístico de accidentes.

Tema 42. Condicións xerais dos centros de traballo. Sinalización. O plan de emerxencia.

Tema 43. O factor humano e a súa relación coa prevención laboral. Actuacións preventivas en selección de persoal. A formación dos traballadores. Os equipos de protección individual e colectiva.

Tema 44. Organización da prevención. Os servicios de prevención. Dereitos e obrigas de traballadores e empresarios en materia preventiva. Responsabilidades legais.

Tema 45. Protección fronte ás máquinas. O risco eléctrico: conceptos básicos e medidas de protección. O lume: sistemas de detección e extinción en función da natureza do lume. Normativa legal nesta materia.

Tema 46. Saúde laboral e novas tecnoloxías. Principais riscos que derivan delas. Novas patoloxías emerxentes. Medidas de prevención e protección ante as novas tecnoloxías.

Tema 47. Primeiros auxilios: principios xerais na aplicación. Prioridades de actuación. A caixa de urxencias nas empresas. Queimaduras. Hemorraxias. Fracturas. A reanimación cardio-respiratoria. Transporte de accidentados.

7768