Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para a empresa Urbadyc, A.I.E.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Urbadyc, A.I.E., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13-6-1997 e posteriormente rectificado con data 8-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, o día 22-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22

de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de agosto de 1997.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial accidental da Coruña

Convenio colectivo entre a empresa

Urbadyc, A.I.E. no seu centro de traballo

de Ferrol e os seus traballadores e traballadoras

Ano 1997

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación para tódolos traballadores e traballadoras da empresa Urbadyc, A.I.E., que prestan os seus servicios no centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura; non obstante, para os efectos económicos será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1997.

A súa duración será dun ano, ata o 31 de decembro de 1997.

A denuncia do presente convenio será de carácter automático.

Este convenio considérase provisionalmente prorrogado durante o tempo que medie entre a súa data de expiración e a aprobación do novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores e traballadoras que con anterioridade ó presente convenio veñan desfrutando de mellores condicións, consideradas no seu conxunto no cómputo anual, ás aquí pactadas, conservarán estas.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán as existentes no momento

da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen ás aquí pactadas.

No caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas substituíndo o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de garantías.

Estará formada por catro representantes da parte económica e catro da parte social pertencentes ó comité de empresa. Ámbalas partes poderán contar con asesores e reuniranse por instancia de calquera delas, cantas veces sexa necesario, debendo celebrarse a reunión dentro dos cinco días seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Estudio e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio que puidesen afectar ó seu contido.

c) Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflictos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º.-Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria antes de presenta-la reclamación pertinente no organismo competente.

A dita comisión deberá emiti-la súa resolución nun prazo máximo de cinco días a partir do día no que fose solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta de garantías non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lei.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de forma que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á dita empresa.

Cada traballador ou traballadora realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidade

do servicio un traballador ou traballadora viñera desempeñando funcións dunha categoría superior, cobraría desde o primeiro día o salario desta categoría.

Artigo 8º.-Promoción.

No caso de existiren prazas de superior categoría terá preferencia para acceder a elas o persoal activo na empresa do centro de traballo, polo que se promocionará ás ditas categorías ó persoal que demostre a súa actitude, logo da superación das probas selectivas; as bases e requisitos necesarios marcaraos a empresa, para o cal esta comprométese a da-la formación adecuada ós traballadores e traballadoras que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos necesarios. No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicita-los distintos profesionais da oficina do INEM.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

As categorías profesionais neste convenio, só no relativo ás retribucións económicas, son as que figuran na táboa salarial do anexo I do convenio.

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais, o que supón unha xornada diaria de 6 horas e 30 minutos de luns a venres e de 5 horas e 30 minutos os sábados, que inclúen 30 minutos para o bocadillo como tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará anualmente de 30 días naturais de vacacións retribuídas conforme as táboas salariais adxuntas como anexo I.

O persoal que se incorpore á empresa ó longo do ano desfrutará da parte proporcional das vacacións que lle correspondan. Se a dita contratación fora despois do 30 de setembro, desfrutará da parte proporcional dentro do mesmo ano nunha data que acordará coa empresa.

As vacacións desfrutaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, co seguinte calendario:

-O persoal que no 1996 desfrutou as súas vacacións en xullo, desfrutaraas en agosto.

-O persoal que no 1996 desfrutou as súas vacacións en agosto, desfrutaraas en setembro.

-O persoal que no 1996 desfrutou as súas vacacións en setembro, desfrutaraas en xullo.

Queda establecida deste modo a rotación das vacacións.

Artigo 12º.-Permisos e licencias.

O persoal terá dereito a desfrutar de permisos ou licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días no caso de contraer matrimonio.

b) 3 días no caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se este feito se producira fóra da localidade o permiso será de 5 días.

c) 3 días en caso de morte dalgún familiar en primeiro grao e 2 días se é de segundo. Se o feito se produce fóra da localidade o permiso será de 2 días máis.

d) 3 días no caso de nacemento de fillos ou fillas. Se o feito se produce fóra da localidade o permiso será de 5 días.

e) 1 día por traslado do domicilio habitual.

f) 1 día por matrimonio de fillos ou fillas e 2 se é fora da localidade.

g) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dalgún título tanto académico como profesional, deberá acreditarse sempre a concorrencia ós ditos exames.

h) O tempo necesario para recibir asistencia médica ou sanitaria, debendo xustificala adecuadamente.

i) O tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

j) Polo tempo necesario para renovación do carné de conducir, aqueles traballadores e traballadoras que teñan a categoría de conductores.

k) Tres días ó ano sen xustificar, que se desfrutarán antes do 31 de decembro de cada ano. A empresa reserva para si o dereito a non concede-las ditas licencias cando as solicitudes coincidan nunha mesma data e supoñan unha grave deterioración nos servicios. Estes días non terán carácter acumulativo dun ano para outro nin poderán ser remunerados no caso de renunciar ó desfrute. Neste sentido consideraranse laborais aqueles festivos que, por ser consecutivos, sexa necesario face-lo servicio de recollida.

l) O traballador/a por lactación dun fillo/a menor de 9 meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderá ser ó principio ou final da xornada; a duración desta ausencia poderá prorrogarse ata que o fillo/a cumpra os 9 meses.

As licencias e permisos serán retribuídos a salario real, como se se estivera traballando.

As licencias e permisos empezarán a contar na data na que se produza o feito que as motiva, ou no día seguinte se o traballador ou traballadora finalizase a súa quenda de traballo.

Cando se fala de días, enténdese que son días naturais.

Artigo 13º.-Incapacidade transitoria.

No caso de baixa por incapacidade transitoria derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, contraída como consecuencia da prestación do traballo neste centro, a empresa completará ata o 100% do salario real. No caso de maternidade ou

hospitalización tamén terá dereito ó dito complemento, que será aboado con pagamento directo a través do INSS.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa completará segundo a seguinte escala:

1. A empresa completará o 100% desde o primeiro día para a primeira baixa do ano.

2. A empresa completará o 100% desde o quinto día para a segunda baixa do ano.

3. A empresa completará o 100% desde o décimo sétimo día para a terceira baixa do ano.

4. En baixas sucesivas a empresa completará o 100% do salario real desde o décimo sétimo día.

Non terán estes complementos aqueles traballadores e traballadoras que non teñan dereito ó cobramento dos subsidios oficiais que outorga a Seguridade Social ou a mutua correspondente.

As pagas extras non se verán afectadas no seu importe habitual pola situación de IT.

Artigo 14º.-Aviso previo de cesamento.

Haberá que aterse ó que dispoña a lexislación vixente nesta materia en cada momento.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada 2 anos as seguintes pezas de roupa:

Conductores

InvernoVerán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

2 xerseis1 xersei

1 cazadora1 par de botíns

1 anorak

1 par de botas de seguridade

1 par de botas de auga

Luvas anticortes

Peóns

InvernoVerán

3 pantalóns2 pantalóns

3 camisas2 camisas

2 xerseis1 xersei

1 cazadora1 par de botíns

1 anorak

1 par de botas de seguridade

1 par de botas de auga

1 traxe de augas

Luvas anticortes

Persoal de taller

2 pantalóns

2 camisas

1 xersei

3 monos

2 pares de botas de seguridade

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Será de obrigado cumprimento por parte da empresa o cambio dunha peza de roupa deteriorada por desgaste, rotura, etc. por outra nova, dentro do período dos dous anos para o que se facilitan pezas de roupa de traballo, logo da entrega da peza de roupa deteriorada, e que a dita deterioración ou rotura sexa consecuencia do desenvolvemento normal do traballo.

Condicións sociais

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

No caso de accidente laboral ou enfermidade profesional como consecuencia da actividade desenvolvida para a empresa, da que se derive morte, incapacidade laboral permanente absoluta ou gran invalidez para calquera actividade laboral, o traballador ou traballadora ou os seus beneficiarios percibirán, en concepto de indemnización, a cantidade de 2.400.000 ptas. incrementada na mesma porcentaxe cá táboa salarial, independentemente das prestacións que puideran corresponderlle por este motivo.

Artigo 17º.-Excedencias.

Terá dereito a solicitar excedencia todo traballador ou traballadora que teña unha antigüidade mínima dun ano na empresa, concedéndose esta por un período comprendido entre 1 a 5 anos.

A petición de excedencia deberá facerse cun mes de antelación.

A incorporación ó posto de traballo debe solicitarse 1 mes antes da data de finalización da dita excedencia.

Poderá solicitar excedencia todo traballador ou traballadora en activo que ostente un cargo sindical, tanto sexa nunha estructura de dirección da central sindical á cal pertenza, como a unha institución galega ou estatal en calquera das súas modalidades. Esta excedencia será con dereito á reserva do posto de traballo, debéndose avisar polo menos cun mes de antelación á súa reincorporación á empresa.

Descontarase o tempo en que permaneza nesta situación para efectos de cálculo do complemento de antigüidade, a excepción de cando a excedencia sexa forzosa por cargo público ou sindical e/ou a excedencia sexa para atende-lo coidado do fillo/a por período superior a tres anos.

Artigo 18º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Nesta materia haberá que aterse ó disposto na ordenanza laboral da limpeza viaria e recollida de R.S.U. (O.M. 1-12-1972).

Artigo 19º.-Cobertura pola retirada do carné de conducir.

Nos casos de retirada provisional do permiso de conducir, a empresa adaptará ó conductor afectado

noutro posto de traballo, conservándolle a súa categoría e soldo durante un período máximo de 3 meses. Transcorrido o dito prazo, adaptaráselle tanto o salario como a categoría ó seu novo posto de traballo. O traballador ou traballadora reintegrarase á súa categoría e posto anterior no prazo de tres meses a partir da devolución do mencionado carné.

Este artigo será de aplicación no suposto de que a infracción que derive a retirada do mencionado carné se produza dentro da xornada laboral do traballador ou traballadora, no desempeño das súas funcións normais de conductor ou conductora, e sempre e cando non derive de conducción temeraria, conducir baixo os efectos do alcohol ou calquera outra substancia psicotrópica, así como calquera infracción prevista na Lei de prevención de riscos laborais, imputables ó traballador ou traballadora.

Se a retirada do carné se producise fóra de horas de traballo, asignaráselle un posto de peón ou similar no que non necesite o citado carné namentres dure a sanción que motivou a súa retirada, sexa cal fora a causa de suspensión do permiso de conducir, cobrando o salario correspondente á categoría de peón.

Artigo 20º.-Axuda escolar.

A empresa achegará un fondo de axuda de estudios oficiais para os fillos e fillas dos traballadores e traballadoras, que terá un importe de 530.000 ptas.

O reparto do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento coas normas.

Artigo 21º.-Comité de seguridade e hixiene.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente nesta materia.

Artigo 22º.-Revisións médicas.

Tódolos traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio terán o dereito e a obriga de pasar unha revisión médica anual que será por conta da empresa e en horas de traballo. Así mesmo, todo traballador ou traballadora que o solicite será vacinado contra a gripe e a hepatite B.

Dereitos sindicais

Artigo 23º.-Garantías sindicais.

Cada membro do comité de empresa disporá dun crédito de horas sindicais mensuais retribuídas a salario real (como se estivese traballando), para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais. Estas horas poderán acumularse mensualmente, así como un ou máis membros do comité poderán ceder horas sindicais a outro.

As reunións para a negociación do convenio colectivo, así como as que convoque a representación empresarial, non se computarán para efectos de consumo de crédito de horas sindicais.

A empresa manterá en bo estado os taboleiros de anuncios en cada cuartel. Ademais velará pola conservación do local do comité. Así mesmo, facilitará o acceso do comité ós medios de reproducción dela, sempre que os escritos ou documentos teñan relación coa actividade do comité de empresa dentro da empresa.

Durante o período de vacacións ou IT dos representantes sindicais dos traballadores e traballadoras (comité de empresa) poderase cede-lo crédito mensual de horas sindicais entre un ou varios dos membros do comité de empresa, logo de presentación do correspondente documento de cesión de horas.

Artigo 24º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores e traballadoras a cota sindical, logo de solicitude escrita de cada un deles.

Condicións salariais

Artigo 25º.-Retribucións salariais.

A estructura salarial está constituída polos seguintes conceptos:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Plus de transporte.

-Plus de complemento de convenio.

-Plus de productividade.

-Plus tóxico, penoso e perigoso.

-Plus nocturno.

-Pagas extraordinarias.

Artigo 26º.-Salario base.

É o que está recollido para cada categoría salarial que figura no anexo I deste convenio colectivo. Devéngase por día natural.

Artigo 27º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade queda establecido en dous bienios ó 5% e posterior quinquenios ó 7% do salario base de cada categoría, respectando o tope máximo establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores. Este complemento devengarase os mesmos días có salario base.

Artigo 28º.-Plus de transporte.

Para compensa-lo gasto de transporte desde o domicilio de cada traballador ou traballadora ó centro de traballo, establécese un plus de transporte que figura no anexo I deste convenio.

Artigo 29º.-Plus de complemento de convenio.

Por cantidade e calidade de traballo e por día efectivo de traballo, cada traballador ou traballadora percibirá un plus denominado de complemento de convenio, que está recollido para cada categoría profesional na táboa salarial que figura no anexo I deste convenio.

Artigo 30º.-Plus de productividade.

Todo o persoal que cumpra o horario da súa xornada laboral percibirá por día efectivo de traballo un plus de productividade que está recollido para cada categoría profesional na táboa salarial que figura como anexo I deste convenio.

Artigo 31º.-Plus tóxico, penoso e perigoso.

O persoal afectado por este convenio que desempeña as súas funcións nos servicios de varrido, recollida e taller mecánico percibirá un plus denominado tóxico, penoso e perigoso que consistirá no 20% do salario base diario, aboándose por día efectivo de traballo.

Artigo 32º.-Plus de nocturnidade.

Todo o persoal afecto a este convenio que realice máis da metade da súa xornada laboral diaria entre as 22 e as 6 horas, percibirá un plus denominado de nocturnidade por cada día efectivo de traballo, consistente no 25% do salario base diario.

Artigo 33º.-Pagas extraordinarias.

Durante o transcurso do ano percibiranse tres pagas extraordinarias que serán as seguintes:

-Paga extraordinaria de verán. Esta paga aboarase coa mensualidade de xuño e devengarase semestralmente e día a día, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño. A súa contía será de trinta días de salario base máis a antigüidade correspondente.

-Paga extraordinaria de Nadal. Esta paga aboarase coa mensualidade de decembro devengándose semestralmente día a día, desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro. A súa contía será de trinta días de salario base máis a antigüidade correspondente.

-Paga extraordinaria de convenio. Esta paga aboarase entre o día 1 e 15 de outubro, e devengarase anualmente de novembro/1996 a outubro/1997. Aboarase a contía que se establece na táboa que figura no anexo I deste convenio, consistente en cinco días de salario base máis antigüidade.

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será de forma voluntaria, salvo caso de forza maior ou emerxencia, acórdase reducir ó mínimo as horas extraordinarias.

1. Voluntariedade.

As horas extras que por razón das especiais circunstancias de traballo sexan imprescindibles realizar no servicio de recollida de RSU cando coincidan dous ou máis festivos consecutivos, serán estrictamente voluntarias.

Co obxecto de organiza-lo servicio coa suficiente antelación e concreta-lo persoal dispoñible habilitaranse nos taboleiros de anuncios con 15 días de antelación unhas follas, para que procedan a apuntarse aqueles traballadores e traballadoras dispostos a face-lo dito servicio. Sete días naturais antes do

día efectivo de traballo, cerrarase o prazo de inscrición, considerándose persoal dispoñible aquel se se anotara.

Se o número de traballadores e traballadoras superase o número estrictamente necesario, para a realización do servicio, daráselles prioridade ós que comunmente asignados á quenda de noite, respecto ós da quenda de día que se inscribiran.

Compensación.-Os traballadores e traballadoras que fixeran horas extras terán dereito a optar por ser compensados: a) economicamente, b) con tempo de descanso. En ámbolos casos, deberá consignarse a opción elixida á hora da inscrición.

a) Compensación económica.

Cada xornada será aboada co importe correspondente a 8 horas de traballo ó prezo de hora normal, independentemente do número de horas realmente empregadas no dito traballo.

b) Compensación con tempo de descanso.

O persoal que pertenza á quenda de noite desfrutará de 2 días de descanso por día traballado.

O persoal que pertenza á quenda de día desfrutará de 10 horas de descanso.

Tanto os días como as horas de descanso poderán ser acumuladas na ficha correspondente a cada traballador ou traballadora, podendo este ter acceso a calquera comprobación que considere conveniente.

c) Desfrute do tempo de descanso.

O tempo de descanso acumulado terá caducidade. O traballador ou traballadora poderá desfrutar descanso cando o considere oportuno, cumprindo o requisito que a continuación se detalla.

Para facer efectivo o desfrute do tempo de descanso, será necesario que o traballador ou traballadora o solicite ó seu encargado correspondente con alomenos 7 días de antelación ó día escollido para o descanso.

Artigo 35º.-Anticipo.

O persoal que solicite por escrito terá dereito a percibir un anticipo por conta do traballo realizado durante a mensualidade na que solicita por un importe máximo de ata un 80% do salario devengado.

Os anticipos concederanse o día 18 de cada mes, debendo solicitarse con 24 horas de antelación.

Artigo 36º.-Anticipos de cancelación diferida.

A empresa comprométese á creación dun fondo de 1.000.000 de ptas. para que aqueles traballadores e traballadoras que o necesiten poidan solicitar anticipos de cancelación diferida nas seguintes condicións:

-A cantidade máxima que se poderá conceder por traballador ou traballadora será de 100.000 ptas.

-Os ditos anticipos deberán solicitarse durante os 5 primeiros días hábiles de cada mes, facéndose efectiva a concesión, unha vez aprobada, o día 15 do mes na que se solicita.

-O anticipo será cancelado nun prazo máximo de 10 meses, reténdose dos haberes mensuais de cada traballador ou traballadora os importes dos distintos vencementos.

-A primeira retención farase efectiva no mes seguinte ó que se solicita o anticipo.

-Se o traballador ou traballadora antes da total cancelación do anticipo cesara por calquera causa no servicio activo da empresa, descontarase a cantidade pendente de aboar do importe da liquidación deses devengos ata onde esta alcance. Se non alcanzase, o traballador ou traballadora comprometerase a liquida-la parte pendente de devolución nun prazo de 2 meses, a partir da data de baixa na empresa.

-O anticipo devengarse con xuro anual do 0%.

Artigo 37º.-Pagamento de salarios.

O aboamento de salarios será mensual e o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria. Para iso, a empresa ordenará as ditas transferencias no penúltimo día hábil do mes ó que corresponda o pagamento.

Outras condicións

Artigo 38º.-Subrogacións.

Ó remate, rescisión e abandono da contrata pola concesionaria, neste caso Urbadyc, A.I.E., tódolos traballadores e traballadoras e adscritos ó servicio de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol pasarán a ser adscritos á nova empresa titular da dita contrata, respectando os dereitos e condicións laborais, económicos e sociais, así como as obrigas que contén este convenio colectivo. Aínda que a empresa non poida garantir esa subrogación, poñerá os medios que teña ó seu alcance e facilitará toda a documentación e información necesaria para que poida efectuarse a dita adscrición coa nova empresa contratista.

Artigo 39º.-Dereito supletorio.

Nas materias non reguladas no presente convenio haberá que aterse ó disposto pola lexislación vixente.

Artigo 40º.-Incrementos salariais.

1. Polo que fai referencia ós conceptos salariais acórdase un incremento do 3% sobre o salario base, o resto de pluses non relacionados co salario base quedan conxelados. (Xúntase táboa salarial para 1997 como anexo I).

Disposición transitoria

Os traballadores José M. Calvo Porta e Manuel Ángel Fernández Beceiro pasarán a te-la condición de fixos, mediante o asinamento dun novo contrato indefinido co mantemento de antigüidade desde a data do asinamento do último contrato temporal.

Táboa salarial (parciais anuais) ano 1997 Urbadyc, A.I.E. (recollida e limpeza Ferrol)

Salario

base

Plus

transporte

Plus

convenio

Plus

tóxico

Plus

productividade

Plus

nocturno

Paga

verán

Complemento

vacacións

Paga

Nadal

Paga

convenio

Total

bruto ano

Capataz día

1.119.820131.040122.304167.62291.72892.04050.00292.04015.3401.881.936

Capataz noite1.119.820131.040122.304167.62291.728209.39192.04074.77292.04015.3402.116.097

Conductor día1.005.940131.040122.304150.42345.86482.68038.86382.68013.7801.673.574

Conductor noite1.005.940131.040122.304150.42345.864188.09782.68061.25382.68013.7801.884.061

Peón día 951.920131.040 94.185142.50645.86478.24032.55578.24013.0401.567.590

Peón noite 951.920131.040 94.185142.50645.864177.99678.24053.59478.24013.0401.766.625

Mecánico día1.005.940131.040122.304150.42345.86482.68038.86382.68013.7801.673.574

Mecánico noite1.005.940131.040122.304150.42345.864188.09782.68061.25382.68013.7801.884.061

Para multiplicar por días365273273273273273XuñoDecembroOutubro

Táboa salarial (rateo diario) para o ano 1997 Urbadyc, A.I.E. (recollida e limpeza Ferrol)

Salario

base

Plus

transporte

Plus

convenio

Plus

tóxico

Plus

productividade

Plus

nocturno

Paga

verán

Vacacións

Paga

Nadal

Paga

convenio

Total

bruto ano

Capataz día

3.06848044861433692.040142.04292.04015.3401.881.936

Capataz noite3.06848044861433676792.040166.81292.04015.3402.116.097

Conductor día2.75648044855116882.680121.54382.68013.7801.673.574

Conductor noite2.75648044855116868982.680143.93382.68013.7801.884.061

Peón día2.60848034552216878.240110.79578.24013.0401.567.590

Peón noite2.60848034552216865278.240131.83478.24013.0401.766.625

Mecánico día2.75648044855116882.680121.54382.68013.7801.673.574

Mecánico noite2.75648044855116868982.680143.93382.68013.7801.884.061

Para multiplicar por días365273273273273273Xuño30 díasDecembroOutubro

7610