Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.939

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que fixan as normas do sorteo de permisos de pesca en coutos para a temporada de 1998.

De conformidade co establecido no artigo 34 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), correspóndelle a esta dirección xeral fixa-las normas que rexerán o sorteo de permisos de couto para pescadores.

Para a temporada de pesca de 1998 as normas do sorteo de permisos serán as seguintes:

-As solicitudes presentaranse antes das 14 horas do 17 de novembro no rexistro do servicio provincial de Medio Ambiente Natural que corresponda, ou mediante os procedementos descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do prodecemento administrativo común.

-En cada servicio provincial de Medio Ambiente Natural e na Dirección Xeral de Montes e Medio

Ambiente Natural estarán á disposición dos pescadores os correspondentes modelos de solicitude.

-O sorteo terá lugar nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural o día 25 de novembro.

-A hora do sorteo, os procedementos de sorteo e de selección de permisos e outras normas complementarias serán establecidas por cada servicio provincial de Medio Ambiente Natural e expostas no taboleiro de anuncios de cada delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio

Ambiente Natural

7736