Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de setembro de 1997, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00022-I-97 e un máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Obras Públicas e Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 5 de setembro de 1997.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00022-I-97

M-9863-KL

LE9OR003305733

Graniest, S.L.

Carracido

36415 Mos (Pontevedra)

Non anotación dos datos obrigatorios (lugar de orixe e destino, matrícula do vehículo e quilómetros finais) nos discos-diagrama de tacógrafo.

13-1-1997; 10.45; N-VI; 489,800

15 RGTO (CE)

3821/85

143 LOTT

201 RGTO

30.000 ptas.

DX-00075-I-97

LE9OR0033251838

Antonio Domínguez Varela

Buenos Aires 293

32004 Ourense

Dous incumprimentos das interrupcións á conducción (días 30-7-1996 e 16-7-1996) e un incumprimento das condicións esenciais da autorización de transporte de viaxeiros por non xustificar como pertencentes á empresa a varios conductores.

7-3-1997; 12

7 RGTO (CE)

3820/85

200 RGTO

48 LOTT

143 LOTT

201 RGTO

85.000 ptas.

6886