Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.879

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de outubro de 1997 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionados para ocupa-los postos de traballo funcionarios con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario.

O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Código do posto: ED.C06.00.002.15770.001

Dependencia: Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A

Nivel: 30

Complemento específico: 2.229.156

Corpo ou escala: xeral/docente.

Titulación académica: 2998

Denominación do posto: xefe Servicio de Xestión e Promoción Lingüística.

Código do posto: ED.C07.00.001.15770.012

Dependencia: Dirección Xeral de Política Lingüística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A/B

Nivel: 28

Complemento específico: 1.639.104

Corpo ou escala: xeral.

Formación específica: 499

6465