Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 12 de agosto de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Martiño de Frades (A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Martiño de Frades (A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 298/1991, do 5 de setembro (DOG nº 179 do 18 de setembro).

Primeiro.-Con data do 30 de xullo de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración da zona de San Martiño de Frades (A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Frades e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación

desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 12 de agosto de 1997.

P.A.

Ángel Hernáez Ruiz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

Visto e Prace

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

97-7230