Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MV-54/96 PO (ocupación).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e do 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso ordinario sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.597 de Recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten no Banco Pastor, O.P. de Pontevedra.

Se non o fai dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e nas oficinas da Dirección Xeral de Montes e Medio

Ambiente Natural, sita en San Lázaro s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1997.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente sancionador: MV-54/96 PO (ocupación).

Artigo infrinxido: 410 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: vinte mil cincocentas setenta (20.570) pesetas.

Contía da indemnización: vinte mil cincocentas setenta (20.570) pesetas.

Denunciado: Jaime Alonso Alonso.

Último enderezo coñecido: Filgueiras-Chenlo-Porriño (Pontevedra).

97-7682