Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Figueredo e Betanzos con anexos: V-7006; XG-380, por substitución da concesión V-7006; XG-380, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 17 de xuño de 1997, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Alfredo Vázquez Ferreño, en representación da empresa Autocares Antonio Vázquez, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Figueredo e Betanzos con anexos: V-7006, XG-380, por substitución da concesión V-7006; XG-380, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Figueredo, Cutián, Carres, Santaia, Ameixeira, Dordaño, Soocamiño, Loureiro, Oza dos Ríos, Porzomillos e Betanzos.

-Cutián e Cutián de Abaixo.

-Cruzamento de Salto, Castiñeiro, Salto, Quintela, Cines, Serra, Callobre, Cuíña, Bendrade e Porzomillos.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Serra e Callobre puntos intermedios e viceversa, e do dito treito (ambos puntos incluídos) para Betanzos e viceversa.

-De e entre Serra e Oza dos Ríos puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Santaia e Ameixeira puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Soocamiño e Loureiro puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Oza dos Ríos e Betanzos puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

Figueredo-Betanzos: dúas expedicións de ida e volta os días laborables.

Figueredo-Betanzos por Callobre: unha expedición de ida e volta os días laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,75 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,3625 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,3125 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día

da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

97-7368