Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.854

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (233/1997-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de xuízo de cognición nº 233/1997-3 seguidos neste xulgado por instancia de Mª Dolores Allo Dávila, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Agustín Lorenzo Torres Pego; emprázase o demandado, Agustín Lorenzo

Torres Pego, para que no termo de nove días compareza en autos, en legal forma con avogado que o defenda, coa prevención de que se non comparece será declarado en rebeldía e que recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado, Agustín Lorenzo Torres Pego, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

8334