A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:
-Expediente: 12/97 S.
Obxecto: subministración de neveiras para transporte de mostras biolóxicas.
Orzamento: 2.700.000 ptas. (IVE incluído).
-Expediente: 13/97 S.
Obxecto: subministración de arquivadores de historias clínicas e fotocopiadoras.
Orzamento: 4.020.000 ptas. (IVE incluído).
-Expediente: 14/97 S.
Obxecto: subministración de centrais telefónicas.
Orzamento: 3.100.000 ptas. (IVE incluído).
-Expediente: 15/97 S.
Obxecto: subministración de material informático.
Orzamento: 2.375.000 ptas. (IVE incluído).
1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse nos 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato.
2. Fianzas:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.
3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados pola empresa no curso dos últimos tres exercicios, de conformidade co disposto no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
5. Solvencia técnica: acreditarase mediante mostras, descricións e fotografías dos productos que hai que subministrar, de conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.
6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.
7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta (Vigo), teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.
8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural
contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto noveno do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 17 de setembro de 1997.
Alberto García Pazos
Director xerente de Atención Primaria
de Pontevedra-Vigo
7423