Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), pola que se anuncian os concursos públicos, por procedemento aberto, para a subministración de neveiras para transporte de mostras biolóxicas (C.P. 6/97 N), arquivadores e fotocopiadoras (C.P. 7/97 N), aparellos e mobiliario clínico (C.P. 8/97 N).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

-Expediente: 6/97 N.

Obxecto: subministración de neveiras para transporte de mostras biolóxicas.

Orzamento: 2.280.000 ptas. (IVE incluído).

-Expediente: 7/97 N.

Obxecto: subministración de arquivadores de historias clínicas e fotocopiadoras.

Orzamento: 4.810.000 ptas. (IVE incluído).

-Expediente: 8/97 N.

Obxecto: subministración de aparellos e mobiliario clínico.

Orzamento: 3.119.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse nos 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados pola empresa no curso dos últimos tres exercicios, de conformidade co disposto no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase mediante mostras, descricións e fotografías dos productos que hai que subministrar, de conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e

demais documentación complementaria, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta (Vigo), teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto noveno do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 15 de setembro de 1997.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

97-7422